REMTATE DAS OBRAS DE MURO EN SAN AMARO

 

O Concello de Arbo,  propon regularizar o ancho da via nun tramo de aproximadamente 30 ml, mediante a execución dun muro de mamposteria, que salve o desnivel existente coas fincas adxacentes, regularizando o seu trazado, para conseguir un uso seguro e comodo da mesma.

ESTADO ACTUAL

Para elo procederase a execución dun muro de contención proxectado nun tramo de 30 ml mediante a realización dunha excavación e preparación da base do cimento e a colocación de mamposto de pedra granítica ata cota de camiño, c obxeto de formar os muros de contención de 1,00 m de altura e que terán como mínimo 1,60 m de ancho na súa coronación, rechendo posteriormente, o trasdos de muro con material seleccionado.

ESTADO ANTERIOR

O lateral esquerdo e pegado o muro de peche da parcela, atopase nunha canaleta aberta de conducción de augas de rego cunha profundidade de 35 cms, que se procedera a pechar mediante a colocación dunha tuveria de PVC de 315 mm de diametro con catro arquetas sumideiro rexistrables para a condución de augas superficiais e a ampliación de calzada, evitando asi os posibles problemas que puidese presentar.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011