Contratación dous traballadores
CONTRATACION DE PERSOAL PARA A ACTUACIÓN DENOMINADA: SERVIZO DE REPARACIÓN, LIMPEZA E ADECENTAMENTO DE LUGARES PÚBLICOS E COLABORACIÓN NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS DE ARBO, INCLUÍDA DENTRO DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL 2016.
O postos seguintes:
- (1)OFICIAL CONDUTOR
- (1)PEÓN
O contrato da actuación terá unha duración de 6 meses, cunha xornada diaria a tempo completo (100%), baixo a modalidade contractual de “contrato de traballo de duración determinada de interese social”. As retribucións brutas totais mensuais do /a traballador/a, son as establecidas segundo a publicación oficial do convenio colectivo que resulta de aplicación, correspondéndolles:
As persoas interesadas en tomar parte nesta contratación, deberán reuni-los seguintes requisitos:
1. Requisitos específicos:
o OFICIAL CONDUTOR: Estar en posesión do carné de conducir tipo C e CAP.
o PEÓN: Estar en posesión do carné de conducir tipo B.
Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato
O Concello presentará oferta xenérica de emprego na Oficina Pública de Emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos que deban reunir os traballadores que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados.
O sistema de selección a empregar consistirá nun concurso de méritos, no que se procederá á valoración dos méritos alegados polos diferentes candidatos, coa finalidade de valorar a adecuación e idoneidade dos aspirantes remitidos polo Servizo Público de Emprego para o adecuado desenvolvemento das funcións, contidos e actividades do posto obxecto de cobertura.
A estes efectos, no proceso de selección valoraranse os méritos, cuxa documentación deberá entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Arbo, no prazo máximo de tres días hábiles dende o día seguinte a comparecencia no Concello e entrega aos candidatos das bases de selección.
Arquivos
- Descargar: MODELO DE INSTANCIA Aprol 2016.pdf - 120,71 Kb.
- Descargar: Bases Aprol Arbo 2016.pdf - 642,82 Kb.