Bolsa de Emprego para o P.A.I

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO NO CONCELLO DE ARBO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS COMO EDUCADORA INFANTIL (P.A.I.)

PRIMEIRA: OBXECTO DA CONVOCATORIA:

A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento dunha bolsa de emprego para o posto de educadora infantil (P.A.I.), mediante contratación laboral temporal; eventual por  circunstancias da produción e de interinidade por substitución de traballadores con dereito a reserva do posto de traballo, ao abeiro  do artigo 15 do texto refundido do estatuto dos traballadores coa finalidade de substitución de postos de traballo da categoría convocada pola concorrencia dalgunha das seguintes causas:

- Baixas por incapacidade temporal.

- Xubilación parcial ou anticipada polo período que medie entre a xubilación e a cobertura da dita praza polos procedementos de provisión de postos de traballo previstos legalmente.

- Acumulación de tarefas de carácter puntual do P.A.I.

- Calquera outra que esixa a inmediatez na contratación.

Dito persoal cesará automaticamente cando desaparezan as circunstancias que  motivaron o seu nomeamento determinadas no parágrafo anterior, ou ben finalice o proceso selectivo que se convoque para prover a cobertura definitiva do posto/s do P.A.I.

As funcións das/os educadores/as infantís serán as recollidas no Regulamento, no Proxecto Educativo e no Proxecto Organizativo de Centro do P.A.I. do Concello de Arbo.

Os contratos a subscribir, dependendo de cada caso, poderán ser:

a) De interinidade: Por vacante na praza, para substitución de persoal con dereito a reserva do posto por motivo de  ILT, baixa por maternidade, etc.

b)Por acumulación de tarefas.

Segundo se estableza en cada contrato de conformidade coas necesidades do Concello de   Arbo.

A xornada será completa ou parcial segundo se estableza en función das necesidades.  A xornada  máxima  non  excederá de  37 horas e 30 minutos semanais de luns a venres. 

 

 

 

 

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011