Posta en marcha da depuradora de Fonte Maria

Acaban de rematar as obras de  a posta en funcionamento da depuradora de Fonte María, levando a cabo rozas e limpezas no perímetro exterior e no interior desta infraestrutura, así como  a retirada dos elementos deteriorados e obsoletos.

Según manifestacións polo alcalde durante a obra “Estamos a retirar os residuos a través dun xestor autorizado, de cara a extraer os lodos do seu interior. Posteriormente repararanse os depósitos, realizando un saneamento das fisuras das paredes para garantir a non existencia de fugas e cambiaranse as tubaxes que realizan a inxección de aire no fondo do depósito principal por unhas de inox”,. A subvención recibida foi de algo máis de 35.000 euros.

Arbo tamén contou cunha axuda de 15.453 euros procedente da liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental que permitiu afrontar gastos de recollida de residuos sólidos urbanos.

En relación a esta liña de axudas en réxime de concorrencia competitiva e non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destínase máis de 1,1 millóns de euros aos municipios pontevedreses. Estas subvencións destínanse a desenvolver proxectos relacionados coa recuperación mediambiental do territorio galego; en ámbitos tan importantes como a mellora do saneamento e depuración de augas residuais, abastecemento dos subministros de auga potable, eficiencia enerxética, recuperación de espazos naturais ou dotación de medios materiais e humanos para a conservación ambiental, entre outras moitas actuacións. 

Deste xeito, a orde inclúe dúas liñas de axudas diferenciadas. A liña en concorrencia non competitiva está destinada a aqueles concellos que albergan no seu territorio instalacións de aproveitamento eólico cun total de 832.700 euros de subvención. Pola súa banda, á liña competitiva puideron optar a totalidade das entidades locais galegas que contan con proxectos medioambientais axustados á convocatoria. Nesta liña, os concellos da provincia de Pontevedra recibiron 305.000 de euros.

O Fondo de Compensación Ambiental é unha iniciativa que o Goberno da Xunta puxo en marcha en 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Ademais, este Fondo reflicte un triplo compromiso da Xunta: co medio ambiente -está dirixido a actuacións ambientais-, coas facendas locais, xa que representa un importante ingreso para as arcas municipais; e por último co reequilibrio territorial, xa que a maioría dos concellos beneficiados atópanse en zonas rurais do interior de Galicia. 

 

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011