EXPOSICIÓN
O Concello de Arbo, acolle unha exposición sobre a Biodiversidade de Galicia
A Sala de Exposicións do Centro de Interpretación del Vino y la Lamprea de Arbo “ARABO”, acollerá este mes a Exposición “Galicia Diversidade”, dende os días 11 ata o 28 de Xullo. Esta iniciativa da Concellería de Turismo e Concellería de Medio Ambiente do Concello de Arbo, en colaboración co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) pretende fomentar a educación ambiental e a Concienciación social para unha mellor conservación do entorno, foi deseñada co fin de dar a coñecer os diferentes ecosistemas, especies e variedades xenéticas que se conservan en Galicia e concienciar os visitantes sobre o valor e a importancia da biodiversidade e favorecer o desenrolo de comportamentos positivos para a conservación das especies e dos seus hábitats.
Os horarios de visita MARTES A DOMINGO, Manana: 12:00h a 14:00h, Tarde: 17:00h a 21:00h