Convenio Coa Confederación Hidrografica
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONFEDERACIÓN HIDROGRAFICA DO MIÑO -SIL E O CONCELLO DE ARBO, PARA EXECUCIÓN DAS OBRAS DE REPARACIÓN E MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS AFECTADAS POLOS TEMPORAIS.
O pasado 8 de xullo de 2016 o presidente da Confederación Hidrografica do Miño-sil, don Francisco Marin e o alcalde de Arbo, don Horacio Gil Exposito, asinarán un Convenio de colaboración que posibilitara a execución das obras de reparación e mellora das infraestructuras afectadas polos temporais dos primeiros meses do ano.
Convenio de Colaboración preténdelle determinar as condicións que rexerán o financiamento, posta a disposición dos terreos, execución e posterior entrega par ao mantemento e conservación das obras e instalacións contempladas no “Proxecto de distintas actuacións de reparación e mellora de infraestruturas no termo municipal de Arbo” a redactar pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Considerando que neste Convenio se describe na súa cláusula terceira o obxecto da actuación que consistirá en:
Execución dunha nova obra de drenaxe transversal da estrada local que atravesa o lugar de Os Eidos de Arriba no seu cruce co arroio Lamas.
Construción dunha nova pasarela de madeira sobre o arroio innominado situado no paseo fluvial do río Deva, reparando a rotura do taúde que se produciu no acceso ao mesmo, así como as varandas de madeira da zona.