PRESENTACIÓN DO XEODESTINO TERRAS DO CONDADO – PARADANTA EN FITUR 2018

Os alcaldes dos Concellos de A Cañiza, Arbo e Ponteareas,  en representación dos 10 concellos de A Comarca que conforman o xeodestino Terras do Condado – Paradanta,  presentaban o pasado 17 de xaneiro, dentro do escaparate de Fitur, no stand oficial de Turgalicia o xeodestino, que contou con numerosos asistentes, axencias de viaxes, xestores e medios de comunicación. 

Flaqueado polo Río Miño, o destino Terras do  Condado-Paradanta, erísexe no sur de Galicia lindando con Portugal. Marcada pola auga do paí dos ríos galegos e símbolo de Galicia, tratase dunha terra rica en enogastronomía, natureza, cultura, tradicións e termalismo.

O Xeodestino presentase como destino de natureza, cultura, etnografía e tradicións, un destino para saborear e un destino termal.

O material promocional que se presentou en Fitur foi financiado gracias a un convenio asinado no ano 2017 con Turismo de Galicia.

Os alcaldes convindaron a gozar da visita a este espazo natural:turismo líquido. Terra da auga e do viño, do descanso, o relax e a meditación, dos amenceres e os anoiteceres sobre os arrullos do Miño. 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011