Visita da Directora Xeral para o Deporte

 

A DIRECTORA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA, MARTA MIGUEZ VISITA O CONCELLO DE ARBO

O Concello de Arbo recibiu hoxe  a  visita oficial da secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Miguez, que acompañada polo alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, visitaron o Pavillón de Deportes de Arbo e ver as obras de mellora levadas a cabo no mesmo.

O 26 de setembro do 2017,  Dona Marta Miguez Telle, Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e Horacio Gil Exposito, Alcalde do Concello de Arbo, asinan un convenio de cooperación para mantemento do pavillón municipal O oxeto da obra era o mantemento do  pavillón polideportivo, dado que presenta desperfectos en paramentos, revestimentos e mobiliario, entre as obras a realizar esta o pintado da pista deportiva, marcado e sinalización da mesma. Pintado de vestuarios, das portas de acceso, consolodiración de paramento de fabrica de ladrillo cara a vista. Canalización de canalons de pluviais e baixantes vistas de aluminio, cubrición do oco existente con chapa de aluminio e aportación de mobiliario e accesorios a pe de pista como son dous bancos, umha silla e 8 tramos de 5 m de lonxitude de malla delimitadora de pista

Según manifesta o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil  trasladoulle as necesidades en materia deportiva do concello co fin de que se teñan en conta e se prevexan nos orzamentos de Deporte para este ano e así seguir mellorando as instalacións deportivas municipais.  A secretaria xeral e o alcalde de Arbo estudaron a posibilidade de establecer novas vías de colaboración para a mellora das infraestruturas deportivas do municipio pontevedrés. 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011