Convenio de colaboración para reforma da estrada de A Lomba
O CONCELLO DE ARBO, ASINA UN CONVENIO COA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REFORMA DA ESTRADA DA LOMBA EN ARBO.
O Concello de Arbo e a Deputación formalizaron un convenio para realizar as obras de mellora na estrada Provincial EP-5003 no lugar de A Lomba, en Mourentan - Arbo.
A inversión necesaria é de 233.091 €.-, dos que a intitución provincial aportará o 70% e o goberno local o 30%.
Unha vez finalizada, os tramos reformados traferiranse o Concello.
Ao acto acudiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o Deputado de Mobilidade, Uxío Benitez, xunto co Alcalde do Concello de Arbo Horacio Gil.
O proxecto foi unha proposta do Concello motivada pola necesidade de acondicionar dous tramos antigos da estrada que quedaron en desuso despois da construcción da variate da vía, e da necesidade de instalar saneamento e abastecemento de auga", explicou Benitez.