Arbo, Contara cunha casa do Maior
O CONCELLO DE ARBO CONTARÁ CUNHA CASA DO MAIOR
Arbo a 30 de xaneiro de 2019.- O Plenario municipal do Concello de Arbo, na sesión ordinaria celebrada o día 28 de decembro de 2018, adoptou cos votos a favor do grupo do goberno (PP) e a abstención dos 4 concelleiros asistentes do grupo municipal AGRELAR a cesión da vivenda de Sela coa finalidade de “Casa do Maior”.
O alcalde do Concello de Arbo e a presidenta de S. Coop Galega Maria Asunción Perez Gonzalez, asinaban o convenio de cesión para a creación da Casa de Maior
É unha iniciativa proposta pola Xunta de Galicia, na que se atendería a persoas maiores e onde se incluirian todos os servizos necesarios para o seu benestar e saúde. Este proxecto innovador favorecería a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Arbo e a creación de postos de traballo.
A casa do maior preséntase como unha alternativa para unha contorna na que non existen recursos de atención para este colectivo ou cando o internamento neste tipo de institucións non sexa desexado, procurando o mantemento no medio social habitual coa finalidade de que ditas experiencias piloto poidan garantir a futura posta en marcha eficiente de servizos de atención en pequenos grupos, de maneira flexible e con garantías de seguridade e calidade.
Con esta actuación aténdense as necesidades de atención das familias e favorécese a equidade no acceso aos servizos con independencia do lugar de residencia.
A S. Coop Galega será a encargada da rehabilitación e mantemento da Vivenda de Sela para ofrecer un servizo adecuado ós veciños que disfruten do Servizo así como tamén se compromete a empregar persoas do municipio de Arbo para atencion e o coidado personalizado dos seus residentes, dacordo a concesión da achega a esta cooperativa por parte da Xunta de Galicia, dacordo a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia que regula a forma en que se prestarán os servizos da Casa do Maior. A cesión é por un periodo de 15 anos, as obras de rehabilitación comezaran no proximo mes e a apertura da Casa do Maior será nun prazo máximo de 6 meses.