JOSE MANUEL CORES TOURIS, VISITA ARBO PARA SUPERVISAR O AVANCE DAS OBRAS EN DOUS CAMIÑOS MUNICIPAIS

 JOSE MANUEL CORES TOURIS, VISITA ARBO PARA SUPERVISAR O AVANCE DAS OBRAS EN DOUS CAMIÑOS MUNICIPAIS

O delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, xunto co Alcalde Horacio Gil, supervisaban o estado das obras xa executadas e o outras xa avanzadas de dous camiños financiados ambos pola Xunta de Galicia no ano 2018.

 Alcalde e delegado destacaron  os 76.775 euros investidos na ampliación do viario de  Rial  do Pazo- As  Laxas, e a mellora do viario de  Eidos de Arriba, na parroquia de  Sela. No primeiro caso, as obras foron 220 metros de aglomerado e instalación de cunetas de seguridade, así como a execución de 80  m2 de novos muros. En total, a través do Plan de  Mellora de  Camiños  Municipais (Plan Marco), acometéronse un total de “7,8 quilómetros de reforma de viarias rurais en municipios do Condado-  Paradanta”.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011