Visita Secretario Xeral para o Deporte

Lete lasa visita o concello dE arbo, onde a secretaría xeral para o deporte executará obras en 2019

  • O importe total da actuación nas instalacións deportivas de Arbo  ascende a 15.000 de euros

 

Arbo, 1 de marzo de 2019-. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta mañá o concello pontevedres de Arbo, onde mantivo unha reunión co alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil Expósito

As obras que se pretenden realizar son no Pabillón Polideportivo e consisten na sustitución de panel sandwich de cuberta sobre os vestiarios, reparación de canalons da anterior cuberta, pintado e reparación dos vestiarios e sustitución de porterias de futbol.

Según informa o rexedor, a zona de intervención centrase na cuberta dos vestiarios e nos acabados interiores deteriorados pola presenza de filtracións. O Alcalde tamén informa que estan non son as únicas obras realizadas polo actual goberno dende a súa chegada o Concello e que hai un mes acaban de instalar caldeiras para auga quente dos vestiarios e que en breve tamén se acometerán obras nun dos muros de peche do Campo de Futbol.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011