O concelleiro de cultura nomeado Cofrade da Cigala de Marín
O CONCELLEIRO DE CULTURA DO CONCELLO DE ARBO , RAUL RODRIGUEZ ALVAREZ, FOI NOMEADO COFRADE DA ORDEN DA CIGALA
Arbo, Xullo de 2019 .- O Concelleiro de Novas Tecnoloxías, Comunicación, Emprego, Xuventude, Cultura e Facenda do Concello de Arbo, era nomeado na cidade de Marín o pasado día 20 de xullo como Cofrade da Orde da Cigala.
Na XXV edición da Festa da Cigala, cita gastrónomica celebrada en Marin, o Concelleiro de Cultura e tenente de alcalde do Concello de Arbo, Raul Rodríguez Álvarez, acompañado do alcalde Horacio Gil, recibía a designación de Cofrade da Orden Gastronomica da Cigala, dotado correspondente diploma de nomeamento e a imposición da Capa Azul, fai que forme parte desta Cofradia.
Nun acto de iguales caracteristicas, no ano 2017 era nomeado Cofrade desta orde o Alcalde do Concello Horacio Gil, e no ano 2018 distinción recaia en Jose Antonio Nieto, presidente da Coral Polifónica de Arbo.
O Concelleiro de Cultura, Raúl Rodríguez, agradeceu a todolos membros da Orde por este recoñecemento. Agradeceu a presenza do alcalde e do presidente da Coral Polifónica por asistir ao acto e acompañalo neste día tan especial para él. No seu discurso, Raúl, non esqueceu e elevou o súa gratitude a Horacio Gil, alcalde de Arbo, a todos os arbenses, as asociacións do Concello, aos compañeiros e a todos os que durante estes cinco anos de Goberno mostraron o seu cariño e apoio en todos os actos ou eventos organizados dende as súas Areas de Goberno.