Sinatura de convenio de colaboración coa Conselleria de Sanidade

O CONSELLEIRO DE SANIDADE, JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA, E O ALCALDE DO CONCELLO, HORACIO GIL EXPÓSITO, ASINARON UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A ASUNCIÓN DOS CUSTES DE MANTEMENTO DO CENTRO DE SAUDE DE ARBO. 

o servizo galego de saúde asumira os custos de mantemento do centro de saúde  de arbo.

Arbo a 22 de agosto de 2019.-  O edificio Administrativo da Conselleria de Sanidade, en San Lazaro, acolleu hoxe pola maña o acto de sinatura dun convenio de colaboración, mediante o cal se establecen as bases de colaboración entre o Concello de Arbo e a Conselleria  de Sanidade da Xunta de Galicia.

 O convenio, que foi asinado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e polo alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito, recolle que este concello pontevedrés comprométese a realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos que sexan necesarios a fin de posibilitar a cesión patrimonial do centro de saúde ao Sergas. .Pola súa banda, o Sergas comprométese á asunción dos gastos de mantemento do centro de saúde a partir do momento en que se proceda á formalización da súa cesión patrimonial.

O Pleno Municipal do Concello de Arbo, aprobababa o 28 de decembro de 2018 a cesión do Centro de Saude de Arbo ao Servizo Galego de Saude,  para asumir os custos de mantemento, combustible, electricidade, entre outros gastos que ata a actualidade asumia o Concello.  A cesión basease no Protocolo asinado en 2008 entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Consellería de Sanidade, no que se establece o procedemento para a asunción dos gastos dos centros de saúde por parte da Consellería, previa cesión ao SERGAS.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011