Visita a Arbo de Asociación de Lalin

ARBO CONSOLIDASE COMO DESTINO TURISTICO TAMÉN PARA ASOCIACIÓNS

 

Arbo, 31 de agosto de 2019.- O pasado 28 de agosto, visitaban o Concello de Arbo, 50 persoas dunha Asociación do Concello de Lalin.

Un total de 50 persoas de Lalin, visitaron o Concello de Arbo dfentro do programa en Ruta CoaDepo.  Os visitantes puideron gozar pola maña da impresionante panorámica das  Pesqueiras do Río Miño, unha síntese perfecta entre arquitectura e enxeñería que durante moitos anos formaron parte da vida laboral e a economía dos  arbenses, xunto coa pesca da  Lamprea.  Tras a bela estampa, comeron nun restaurante de Arbo e pola tarde e como remate da visita,  ás cinco da tarde, acompañados polo alcalde do Concello de Arbo, don Horacio Gil, coñeceron o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, donde puideron  acercarse un pouco máis aos emblemas de Arbo, que son o Viño e a Lamprea.

Horacio Gil, alcalde do Concello de Arbo, asegura que coa visita deste  grupo, o centro de interpretación do viño e a  lamprea de Arbo  volve  pechar cun dos meses de maior  afluencia , superando o ano anterior.  O alcalde e ademáis o  responsable da Area de Turismo do Concello de Arbo, pon de manifesto que a misión é potenciar e consolidar o papel de Arbo, como principal destino turístico da rexión e como un referente a nivel nacional.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011