Horacio Gil reuníase en Madrid co Secretario de Estado de Enerxía

O ALCALDE DO CONCELLO DE ARBO, HORACIO GIL, VIAXA A MADRID PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN O ESTADO DO TRAZADO DA LIÑA DE ALTA TENSIÓN QUE AFECTA A ARBO.


Arbo a 3 de setembro de 2019 - No día de hoxe o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil reuníase en Madrid co Secretario de Estado de Enerxía don José Dominguez Abascal, para coñecer o estado do trazado da liña de alta tensión que pasa por Arbo.


Durante a reunión, o Secretario de Estado de Enerxía informou ao alcalde que REE presentou un trazado alternativo, cruzando o Río Miño por un corredor máis despexado e afastado do núcleo urbano de Arbo. O alcalde coñeceu de primeira man os detalles deste trazado alternativo proposto por REE, do tramo final da Linea a 400KW Fronteira-Portuguesa que modifica o punto de cruce sobre o río Miño.


Horacio Gil convocou para maña mércores no salón de Plenos do Concello de Arbo, á Asociación de afectados pola liña de alta tensión así como ao Portavoz do Grupo Político Agrelar, para informarlles sobre a reunión de hoxe en Madrid. 


Según declara Horacio Gil esta reunión solicitárase no mes de xullo, e as novas son produto do esforzo e o traballo realizado nos últimos anos, e a xestión dende o ano 2015 co goberno de Mariano Rajoy e que se seguen a desenvolver co actual goberno. O alcalde manifesta que entre a administración do Estado e o Concello de Arbo, manterase contacto continuo para ir analizando todo o relativo a este trazado, Horacio Gil, incidiu que tanto os membros do actual Goberno como o grupo da oposición e os veciños e veciñas de Arbo, sempre deixaron claro a súa oposición firme ao trazado da Linea de Alta Tensión. O novo trazado, explica o alcalde, suporía realizar o enganche internacional nun punto diferente ao proposto no trazado orixinal da interconexión, pero a validez deste novo punto de enganche esta pendente de confirmación por parte das autoridades portugueses, polo que roga cautela e non deixa de insistir en que en Arbo non podemos permitir que esta Liña afecte a vida cotiá dos veciños e veciñas de Sela e Barcela, así como do resto das parroquias do municipio pontevedrés de Arbo. 

Dende o concello trasládase a necesidade de seguir traballando e cooperando entre administracións polo interese que supón para Arbo, para Galicia e para España este trazado que supón o menor dano posible.
Esta non é a única reunión á que ten asistido Horacio Gil, para preocuparse sobre o trazado da Lat, a última foi no mes de novembro de 2018, sendo o seu obxetivo primordial desde a súa chegada ao Goberno e durante os anos de oposición o rexeitamento a Linea de Alta tensión e o apoio incondicional aos veciños arbenses.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011