Adquisición Ben Inmoble
O CONCELLO DE ARBO ASINA A ADQUISICIÓN DO IMMOBLE SITO NO LUGAR DE CHAN PARA DESTINALO A CENTRO SOCIAL PARA A TERCEIRA IDADE E PUNTO DE ATENCIÓN INFANTIL (P.A.I)
O pasado día 17 de xullo na notaria de A Cañiza o alcalde, Horacio Gil, facía efectiva a compra do inmoble sito en a Chan, denominado “Arboreda”, por un importe de 175.000 euros.
O prezo de compra prezo foi de 175.000€.-, adquírindose co fin de situar no mesmo o futuro Centro Social para a Terceira Idade e Punto de Atención Infantil (P.A.I), complementando as actuais instalacións e servizos que posúe este Municipio e destinados a estes colectivos, cada vez máis numerosos en concellos do rural como Arbo. As negociacións por parte do alcalde e o expediente de compra arrancaban no ano 2016, sempre co obxetivo de dotar Arbo dun local que beneficiase aos veciños e veciñas de Arbo.
O alcalde do Concello de Arbo informa que dito inmoble dado que esta situado no entorno do Casco urbano, resulta o máis idóneo para a implantación do Centro Social para a Terceira Idade e Punto de Atención Infantil (P.A.I).
O rexedor segue informando que este Centro Social para a Terceira Idade é imprescindible por ter como misión principal a acollida, entretemento e coidado deste colectivo. O Punto de Atención á primeira infancia é de vital importancia para unha localidade como Arbo e cumpre as seguintes funcións: función social, xa que favorece a conciliación entre a vida familiar e laboral. Función asistencial, cubrindo as necesidades físicas dos nenos e nenas a través da adquisición e do desenvolvemento dos seus primeiros hábitos. Tamén se atenden as necesidades puntuais e aqueles casos nos que concorran situacións ou circunstancias que lles impidan ás familias o seu coidado. E función educativa, ofrecendo aos nenos e ás nenas un entorno de aprendizaxe, socialización e estimulación idóneo para o desenvolvemento integral das súas capacidades. A futura localización do P.A.I nestas instalacións ven a mellorar notablemente o servizo que ofrece actualmente este concello, ampliando a súa capacidade e calidade como centro de atención e coidado dos pequenos.