Arbo gana a Batalla dos Eólicos as Neves

O CONCELLO DE ARBO, GAÑA A BATALLA DOS EÓLICOS CO CONCELLO DE AS NEVES

Arbo a 4 de outubro de 2019 .- O 4 de abril de 2008 o Concello de Arbo
presentaba no Rexistro da Conselleria de Presidencia Administración
Publica e Xustiza, o acordo adoptado na Xunta de Goberno Local de 13
de decembro de 2007, sobre o inicio do expediente de delimitación nos
termos municipais entre As Neves e Arbo


A orixe do problema foi a titularidade dos terreos nos que se enclavan
os muíños eólicos que se sitúan entre os municipios de Arbo e As
Neves. As comunidades de montes reciben unha compensación polo aluguer
sos seus terreos ás empresas produtoras de enerxía eólica e a
comunidade de montes de Cabeiras, en Arbo, sostiña que debía recibir
máis fondos porque había tres muíños que estaban realmente no seu
territorio, mentres que o Concello das Neves sostiña que as torres
estaban en terreos nevenses.

O 31 de outubro de 2012, por decreto da Conselleria de Presidencia
resolveuse o expediente de deslinde a favor de Arbo, decreto que foi
recorrido polo Concello de As Neves e que foi desestimado pola Sala do
Contencioso-Administrativo de Madrid o pasado 1 de outubro de 2019,
feito que clarifica definitivamente a titularidade dos terreos, e
posibilitará que a comuninade de montes afectada e o Concello de Arbo
perciban as compensacións económicas que legalmente lles pertencen.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011