En Ruta Coa Depo
O pasado 26 de outubro, a Asociación Down Xuntos de Pontevedra e a Asociación de Trasdeza - A Estrada , visitaban o Concello de Arbo co programa “En Ruta coa Depo”
Un total de aproximadamente 90 persoas visitaban o pasado sábado as pequeiras do Rio Miño e o Centro de Interpretación do viño e a Lamprea “Arabo”. Os visitantes puideron gozar pola maña da impresionante panorámica das Pesqueiras do Río Miño, unha síntese perfecta entre arquitectura e enxeñería que durante moitos anos formaron parte da vida laboral e a economía dos arbenses, xunto coa pesca da Lamprea. Tras a bela estampa, comeron nun restaurante de Arbo e pola tarde e como remate da visita, ás cinco da tarde, coñeceron o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, donde puideron acercarse un pouco máis aos emblemas de Arbo, que son o Viño e a Lamprea.
O programa em Ruta coa Depo, consiste en pasar un día coñecendo os lugares sinalados no roteiro asignado cunha persoa do equipo de guías, con xantar e transporte incluídos. Unha actividade moi ben acollida por todos os colectivos, donde o Concello de Arbo e o Museo Arabo, esta entre os destinos máis solicitados polas entidades participantes – manifesta o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil