Reunión do alcalde de Arbo coa Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade

A CONCELLEIRA DE INFRAESTRUCTURAS E MOVILIDADE, ETHEL MARÍA VÁZQUEZ MOURELLE, MANTIVO UNHA XUNTANZA EN SANTIAGO, CO ALCALDE DO CONCELLO, HORACIO GIL EXPÓSITO.

A XUNTA COLABORARÁ EN VARIOS PROXECTOS DE INTERESE  E DE SUMA IMPORTANCIA PARA O MUNICIPIO DE ARBO

 

§  A Consellería de Infraestruturas financiará as obras de reforzo de firme e de construción dunha senda na contorna da bodega e o pazo e o Concello asumirá a titularidade deste antigo tramo da PO-400

§  Augas de Galicia apoiará ao municipio na mellora do sistema de abastecemento de auga, para o que actuará de forma inmediata na impermeabilización dos depósitos de auga

§  Actualmente está practicamente rematado o estudo sobre as necesidades de actuacións para a mellora da captación

§  Ademais Augas de Galicia redactará o proxecto para dotar de saneamento ao núcleo de Valouta na parroquia de San Cristóbal

 

 

Arbo, 2 de novembro de 2019.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza co alcalde de Arbo, Horacio Gil, na que lle trasladou o compromiso da Xunta para incrementar a seguridade viaria na travesía de Cequeliños.

 

Segundo o acordado na reunión, o departamento de Infraestruturas financiará as obras de reforzo de firme e unha senda neste tramo da travesía de Cequeliños. Pola súa banda, o Concello de Arbo se compromete a asumir a titularidade deste antigo tramo da PO-400.

 

A conselleira tamén se comprometeu que o departamento que dirixe mantén a súa colaboración para encamiñar as solucións aos problemas que presentan os  sistemas de abastecemento no núcleo de Arbo e para dotar de saneamento ao núcleo de A Valouta na parroquia de San Cristóbal.

 

Neste eido, Ethel Vázquez indicoulle que está practicamente rematado o estudo de actuacións para á mellora da captación de Arbo, e que foi contratado este mesmo ano a través de Augas de Galicia por un importe de 18.000 euros.

 

En paralelo a estes traballos, comunicoulle ao alcalde que o organismo hidráulico da Xunta está a tramitar a contratacións das obras de impermeabilización de depósitos para tentar paliar as perdas de auga do sistema de abastecemento neste núcleo. O investimento previsto superará os 48.000 euros.

No que se refire ao saneamento no núcleo de Valouta na parroquia de San Cristóbal, Ethel Vázquez expresou a disposición da Xunta para tramitar a contratación da redacción deste proxecto.  

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil agradece o compromiso da Xunta con Arbo, atendendo unha vez máis a proxectos estratéxicos de este concello, especialmente o que se refire o abastecemento integral,  que permitira mellorar o servizo de augas de todos os veciños e veciñas de Arbo e así cumprir coas  premisas en materia de abastecemento e acadar os obxetivos fixados -Mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario, así como perfeccionar o abastecemento e o saneamento, son algunhas da prioridades  para optimizar  a  calidade de vida dos arbenses, e cumprir coa folla de ruta marcada por este gobernó para os seguintes catro anos – afirma Horacio Gil. O rexedor, manifesta que co compromiso da Conselleira de Infraestrutura e mobilidade no reforzo de firme e de construción dunha senda na contorna da bodega e o pazo e o Concello asumirá a titularidade deste antigo tramo da PO-400 na parroquia de Cequeliños mellorarase a seguridade nese tramo de estrada o igual que ocorreu coas obras da rotonda da Vila en Arbo financiada o 100% por esta Conselleria.
 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011