Visita Directora Xeral de Xuventude
O Alcalde de Arbo, Horacio Gil e a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asinaronn esta mañá o compromiso de adhesión ao programa Carné Xove.
- A adhesión a este programa, como entidade colaboradora, ofrecerá vantaxes no acceso as instalacións da Piscina Municipal, sendo o Concello de Arbo a primeira entidade local en solicitar a adhesión ao Carne Xove.
- O alcalde, Horacio Gil, destaca o compromiso da Xunta de Galicia co Concello de Arbo, nun compromiso que se extende a todas ás áreas do Concello
Coa sinatura deste acordo os usuarios do Carne Xove poderán ser, entre outras, beneficiarios dun desconto do 50% na entrada da piscina municipal, pola súa banda a Consellería de Política Social comprométese, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a incluír gratuitamente ao Concello de Arbo, como establecemento colaborador, xunto co seu enderezo, actividade e vantaxes ofertadas, na “Guía dixital do Carné xove” publicada na páxina web: http://xuventude.xunta.es
O carne xove é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega de entre 12 e 30 anos, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove.
Durante a reunión tamén se acordou que os interesados en solicitar o Carné Xove, poderán facelo a través do Concello de Arbo, en horario de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.
O alcalde de Arbo, amosa a súa satisfacción polo interese mostrado pola Directora Xeral de Xuventude que se desprazou ata Arbo para manter esta xuntanza e asinar o acordo que permitirá á mocidade do concello desfrutar de todas as prestacións que implica o desenvolvemento deste programa, asemesmo tamén se mostra orgulloso de ser o primeiro Concello que solicita a adhesión ao Carne Xove para facer descontos en instlacións municipais. Horacio Gil, sinalou que dende o Concello se fará unha campaña para que toda a mocidade de Arbo poida facerse titular do Carné Xove, así como animar aos comercios locais para que se adhiran a este programa. O alcalde informa que igualmente se ten previsto aplicar diferentes incentivos para que os maiores de 65 anos e as familias numerosas, podan tamén acceder ás instalacións municipais en condicións vantaxosas.