VISITA DA CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL
A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL ACHEGARÁ 200.000 EUROS PARA O ACONDICIONAMENTO DUN CENTRO SOCIAL NO CONCELLO DE ARBO
- Ao longo deste primeiro trimestre formalizarase a firma do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello
- O concello de Arbo, centrase na mellorar o servizos os maiores do Concello de Arbo e agradece a Xunta de Galicia a súa labor no desenvolvemento de infraestruturas neste Concello.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou hoxe durante unha visita ao municipio de Arbo, xunto ao alcalde, Horacio Gil, que a Xunta de Galicia investirá 200.000 euros para que o Concello poña en funcionamento un centro social para os maiores da localidade.
Fabiola García indicou que este investimento se materializará ao longo deste primeiro trimestre coa firma dun convenio entre ambas as dúas administracións. As obras de acondicionamento e xestión posterior do centro correrán a cargo do Concello.
O centro social destinado aos maiores da zona estará localizado nun inmoble adquirido polo Concello o pasado ano 2019 e que albergaba antigamente un local de hostalería. A nova infraestrutura contará con 569 metros cadrados distribuídos en dúas plantas, nas que se incluirá un salón social, unha cafetería, sala de rehabilitación, sala de audiovisuais e espazos para a lectura, entre outros compartimentos.
A conselleira subliñou a importancia da colaboración entre as administracións locais e a autonómica, que está permitindo a extensión de servizos tanto para as nenas e nenos como para os maiores por toda a xeografía galega, especialmente nos municipios do rural.
Informa o alcalde do Concello de Arbo, que esta son outras das melloras que o Concello de Arbo vai a poñer en marcha en politica social. Outra, que xa adiantaba a semana pasada era que o SAF bate record na historia do Concello de Arbo, con 1516 horas de asitencia aos seus maiores e cun orzamento de 196.782,15 €.- e o orzamento total dos gastos destinados a Servizos Sociais donde se contempla o SAF, P.A.I, Servizos sociais e outros ascente a 300.000 euros aproximadamente, para a residencia da terceira idade e em breve mellorarase a vivenda de mestres de Cequeliños para destinala a vivenda social.