Reunión dos alcades de Arbo e As Neves en Madrid para tratar sobre a LAT

O ALCALDE DE ARBO E O ALCALDE DAS NEVES REUNIANSE EN MADRID CO DIRECTOR XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DO MINISTERIO PARA ATRANSICIÓN ECOLÓXICA PARA TRATAR SOBRE A LINEA DE ALTA TENSIÓN QUE AFECTA AOS DOUS CONCELLOS.  

 

  • Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil (PP), e de As Neves, Xosé Manuel
    Rodríguez Méndez (BNG), mantiveron este luns en Madrid unha xuntanza co Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para aTransición Ecolóxica, Ismael Aznar Cano, para tratar o paso da liña dealta tensión por varias zonas habitadas dos dous concellos.
  • O alcalde do Concello de Arbo, recibía o pasado 11 de febreiro a comunicación para reunirse a día de hoxe en Madrid co Director General de Calidad y Evaluación Ambiental. Horacio Gil,  fixo partícipe de esta comunicación   e invitou o alcalde do municipio de As Neves, o considerarse tamén afectado pola recente proposta de trazado alternativo proposto por Red Eléctrica.

 

Horacio Gil e Xosé Manuel Rodríguez expuxéronlle ao Director Xeral o rexeitamento das dúas corporacións e das veciñas e veciños de Arbo e de As Neves a esta iniciativa e ao recente estudo de tratado alternativo proposto á mesma.

Este tendido, que dacordo coa información de Red Eléctrica Española, circularán máis de 400.000 voltios, pasaría por Fontefría, en A Cañiza, e entraría en Portugal, moi preto de vivendas dos dous concellos, algo que non ten xustificación considerando os prexuízos para as persoas e o territorio.

 

Á vista destes argumentos, o director xeral adquiriu o compromiso de convocar unha reunión entre os Concellos de Arbo e As Neves,representantes de Red Eléctrica Española e do propio Ministerio deTransición Ecolóxica, pasado un prazo de dous meses, tempo no que estudará as contestacións ás consultas previas que formularon  tanto os concellos coma persoas individuais e colectivos de Arbo e As Neves.

A instancia dos dous alcaldes, o director xeral consultará con RedeEléctrica outras opcións a ese tendido tendo en conta a firme oposición das corporacións e os veciños de Arbo e As Neves a calquera das alternativas de trazado propostas ata agora.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011