O Concello de Arbo suspende a Festa da Lamprea
O CONCELLO DE ARBO SUSPENDE TODAS AS ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA OS VINDEIROS MESES , INCLUIDA A FESTA DA LAMPREA ANTE A CRISE SANITARIA QUE SE ESTA A VIVIR.
- O Concello de Arbo apraza a Marcha BTT da Lamprea, a V Andaina da Lamprea, a Gala da Lamprea, o VIII Certame de Corais e a LX Festa da Lamprea, tamén se suspende o Campamento de Semana Santa
- A atención aos maiores e aos colectivos máis vulnerables, facendolles a compra ou levándolle os medicamentos, a desinfección das rúas, marquesiñas, praza de abastos, información aos colectivos… Son algunhas da medidas que se están a adoptar dende os servizos municipais.
- O Concello de Arbo xa adoptara como primeira medida axilizar o pago aos provedores do Concello para que poidan manter a súa actividade empresarial.
- O Concello de Arbo, seguira adoptando máis medidas de hixiene e desinfección e información durante estes días para facer fronte a esta situación de emerxencia Sanitaria e Recorda a importancia de cumprir coas medidas recomendadas polos servicios sanitarios, pola Xunta de Galicia e do Goberno de España.
- O concello de Arbo solicita e agradece o máximo cumprimento e a colaboración na aplicación de todas as medidas adoptadas
A situación xerada pola evolución do coronavirus COVID-19 supuxo a adopción de medidas de contención extraordinarias. O Concello de Arbo xa tomaba as primeiras medidas días antes da declaración do Estado de Alarma. O Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea “Arabo”, a Biblioteca Municipal e o Punto de Atención a Infancia foron pechados, suspendéronse todas as actividades que desenvolvían asociacións culturais, deportivas ou colectivos nas instalacións municipais, pecháronse espazos de xogo infantil, o auditorio, o pavillón, os recintos deportivos, os parques, as áreas recreativas e suspendeuse o mercado do mércores.
O Concello de Arbo recorda a importancia de cumprir coa aplicación das medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, pola Xunta de Galicia e polo Goberno de España.
O alcalde, Horacio Gil, manifesta que “non é momento para festas ou lecer. Coa crise do coronavirus o Concello de Arbo, ten outras prioridades máis inmediatas. A atención aos maiores e aos colectivos máis vulnerables, a desinfección das rúas, marquesiñas, praza de abastos, colocación de desinfectante de máns na praza de Abastos, dar información a tódolos colectivos e informar aos veciños e veciñas de Arbo,, son algunhas das medidas que se están a adoptar dende os servizos municipais, sempre coa finalidade de protexer o benestar dos veciños e veciñas de Arbo.
Toda a actividade suspendida traerá consecuencias; os meses de febreiro, marzo, abril e maio son a temporada da lamprea en Arbo e cando máis traballan os nosos servizos de hostalaría. Durante a época e pesca da Lamprea e cando máis traballan os restaurantes, casa de turismo rural en todos os demais sectores de turismo de Arbo, o que supón unha perda económica moi importante para este concello.
Unha vez que saiamos desta crise sanitaria, o Concello de Arbo valorará xunto con todos os sectores afectados por esta crise e valorar cantas iniciativas sexan necesarias e que dentro das posibilidades e competencias municipais, podamos axudar e dinamizar a economía local e para favorecer a recuperación e reactivación económica do noso Concello. Xa estamos traballando nas medidas necesarias para poder axilizar ao máximo o pago aos provedores, para colaborar coa continuidade da súa actividade empresarial, tratando de minimizar ao máximo os problemas de liquidez que esta crise lles puidera ocasionar e tratar de manter os postos de traballo.”
O rexedor agradece a todo o persoal dos servizos municipais do Concello de Arbo, en especial a servizos sociais e ao SAF, que están reforzando o servizo e complementando con outras medidas que adoptou o concello como facerlle a compra de alimentos ou de medicinas aos sectores maiores e máis vulnerables. Tamén agradecer os veciños e veciñas e as empresas de todos os sectores que se puxeron en contacto para ofrecer ao Concello os seus servizos e a tódolos arbenses que están a cumprir as medidas establecidas pola Xunta de Galicia e o Goberno de España.