Arbo intensifica os servizo de desinfección

ARBO INTENSIFICA A DESINFECCIÓN DO MOBILIARIO URBANO, CONTEDORES E NÚCLEOS DE POBOACIÓN

 

Arbo a 31 de marzo de 2020.-

  • Son tres en total ás adegas de Arbo, As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal, as que puxeron maquinaria e persoal para seguir coa desinfección. O alcalde Horacio Gil, coordina e supervisa os traballos de desinfección xunto co persoal das adegas e os voluntarios.

  • O persoal municipal está levando a cabo a desinfección dos contedores de lixo de todo o concello, locais municipais, praza do mercado e facendo un seguimento a todos os colectivos máis vulnerables de Arbo, entre outras medidas adoptadas.

 

O Concello de Arbo intensifica estes días a desinfección das rúas, zonas de paso dos veciños e veciñas, parques, xardíns…. coa finalidade de minimizar o risco de infección por coronavirus. Estas tarefas realizadas coa colaboración de tres adegas de Arbo, As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal lévanse a cabo seguindo os protocolos establecidos,  supervisados e coordinados polo alcalde, Horacio Gil

 

As Laxas,  Marqués de Vizhoja  e Pazo Pondal, seguen colaborando  co Concello de Arbo na aplicación de produtos desinfectantes nas rúas, marquesiñas e lugares onde existe máis concentración de persoas e que se fixo extensible aos núcleos de poboación de todas ás parroquias. O venres Marqués de Vizhoja desinfectaba os núcleos da parroquia de Cequeliños, Mourentán e o barrio de San Xoan, o sábado e domingo Pazo Pondal actuaba nas parroquias de Cabeiras e Barcela e o luns  As Laxas, continuaba coa desinfección da parroquia de Sela.

 

AGRADECEMENTO DO ALCALDE AOS VOLUNTARIOS, ADEGAS,  PERSOAL MUNICIPAL, SUPERMERCADOS, TENDAS E A TODOS OS ARBENSES

 

Horacio Gil,  agradeceu a través dun comunicado a todos os que durante estes difíciles momentos ofreceron e ofrecen a súa axuda; aos voluntarios,  ás adegas, que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os parques…chegando ao máximo de núcleos de poboación,  un traballo complicado, tendo en conta que Arbo é un concello rural con máis de 370 quilómetros de rede viaria e núcleos moi dispersos; ao persoal dos supermercados e tendas de alimentación, das farmacias, dos quioscos, aos panadeiros, aos carniceiros, aos transportistas, aos taxistas, ao persoal das oficinas bancarias,  aos agricultores e aos adegueiros,  a toda a corporación municipal, ao persoal municipal dos diferentes servizos, aos servizos sociais e do SAD que están a desenvolver as tarefas necesarias para que  os colectivos máis vulnerables e as persoas maiores do noso concello dispoñan das mellores condicións e non saían das súas vivendas, facendo que para eles este confinamento sexa o máis tranquilo e o máis levadeiro posible  e  a todos aqueles traballadores e traballadoras de todos os sectores que conseguen  co seu esforzo, responsabilidade e espírito de sacrificio, que esta crise sanitaria sexa máis soportable para todos.

 

Horacio Gil, remata  agradecendo especialmente ás adegas As Laxas, Pazo Pondal e Marqués de Vizhoja  a súa disposición e colaboración, así como tamén a todos e todas os voluntarios e voluntarias que participan nas labores de desinfección.

                                                                                                                             

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011