Sevizo Gratuito de Taxi
SERVIZO DE TAXI GRATUITO PARA LOITAR CONTRA O CORONAVIRUS
- O Concello de Arbo dende o pasado mes de marzo, ofrece servizo gratuito de taxis para os arbenses que o precisen.
- O Servizo de taxi gratuíto, segue en activo ata que a crise sanitaria dure.
- Os gastos deste servizo será asumido polo Concello de Arbo, con cargo os seus orzamentos.
Unha vez decretado o Estado de Alarma polo goberno do Estado dende o 14 de marzo ata o 11 de abril de 2020, e para dar cumprimento por parte do Concello de Arbo a Atención Domiciliaria que xurde ante a crisis polo Covid-19 e facilitar aos colectivos máis vulnerables, como son as persoas maiores, o Concello de Arbo puxo en Marcha o Servizo de Taxis Gratuito para aqueles que o precisen.
Para as persoas de máis de 70 anos ou que se atopen nunha especial situación de vulnerabilidade, por resolución da alcaldía procedeuse a comunicar a todos/as os/as taxistas de Arbo que esten dispoñibles de maneira GRATUITA, para realizarlles a compra nos supermercados máis cercanos e nas farmacias do Concello e levarllo as súa vivendas.
Os gatos ocasionados polo servizo de taxis serán asumidos polo Concello de Arbo, con cargo aos seus orzamentos
Somos conscientes do esforzo que supón para todos e todas o mantemento de duras medidas que seguen a condicionar de maneira extraordinaria o noso día a día. Este esforzo sigue a ser hoxe máis necesario ca nunca, especialmente, polas persoas máis vulnerables, polos nosos maiores. Eles construíron o Arbo que coñecemos e desfrutamos, superando tempos moi difíciles, adversidades e traballando arreo, con escasos recursos e pasando moitas necesidades- manifesta o alcalde do Concello Horacio Gil, e así o reflexou no comunicado trasmitido aos veciños e veciñas de Arbo. - Hoxe, cando deberían estar desfrutando do merecido descanso e de todo o conseguido, están a sufrir o ataque despiadado deste virus. É a nosa responsabilidade protexelos- remata Horacio Gil, que ademais pide que se leven a cabo as medidas aplicadas polas autoridades sanitarias, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.
Area de Comunicación do Concello de Arbo