A Conselleira de Medio Rural Clausura ás Xornadas tecnicas en Arbo
A Estación de Viticultura e Enoloxia de Galicia (EVEGA), dependente da Conselleria de Medio Rural, organizaou este mercores día 11 de Maio unha xornada técnica enfocada a ensinar a formula para favorecer a exportación dos viños galegos. Baixo o titulo: "A internacionalización das adegas. Instrumentos para a venda do viño galego no mercado exterior", a EVEGA, xunto co Consello Regulador da Denominación de Orixe Rias Baixas, o Concello de Arbo e o Instituto Galego de Calidade (INGACAL), explicaron os asistentes as ferramentas máis axeitadas para vender no exterior.
As xornadas tiverón lugar no salón de actos do edificio multiusos de Arbo e foron destinadas a viticultores, adegueiros, enologos, persoal técnico das adegas e dos consellos reguladores, persoal investigador interesado no tema e estudantes, asi como publico en xeral.
A Conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez, asistiu a clausura das xornadas, e animou as adegas a apostar pola exportación dos seus productos para manter ou aumentar os resultados economicos