Convenio para Urbanización R/ Antonia Tovar
URBANIZACIÓN RUA ANTONIA TOVAR FASE I
O pasado 9 de setembro de 2016 o Concello de Arbo, asina un convenio de colaboración entre a vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administración públicas e Xustiza e o Concello de Arbo, para a execución do proxecto denominado “Urbanización da rúa Antonia Tovar” (Primera Fase).
A xunta de Galicia a través da Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cooperará na realización da actuación mediante a achega máxima de 201.239,90 €.-, que representa o 100% do orzamento total do proxecto que constitue o obxeto deste convenio.
Urbanización da Rúa Antonia Tovar: orzamento base de licitación 201.239,90 €.-: Importe subvención solicitado 201.239,90 €.-
Trátase dunha actuación urxente e necesaria para restablecer esta vía municipal e principal de acceso ao centro urbano do Concello de Arbo, onde se atopan a maior parte dos edificios administrativos e dependencias municipais, así como o núcleo do comercio urbano da localidade
O tramo afectado é o que se atopa entre os P.Q 0+000 e o 0+280 da rúa Antonia Tovar, sita no centro urbano do Concello de Arbo, que tras os temporais do mes de febrero de 2016 presenta graves deficiencias na pavimentación das beirarrúas, sinalización e redes de servizos.
O estado actual do tramo da Rúa Antonia Tovar atopase nun mal estado xeral presentando problemas de conservación do aglomerado na capa de rodaduras e nas losetas hidráulicas das aceras. Igualmente o tramo obxeto do proxecto presenta unha sinalización inexistente ou deficiente.
A todo isto hai que engadir a antigüidade das instalacións que para evitar custosas demolicións e reposición no futuro se opta por unha sustitución completa das mesmas, mellorando a capacidade para previr inundacións.
Por axuste do orzamento o proxecto farase en dúas fases, a primeira correspondente a renovación da beirarúa dereita coas instalacións, a reposición da capa de rodadura e a sinalización.
- Fase 1º: Ano 2016: 201.239,90 €.- : Financiamento 100 % da Xunta de Galicia
.