Geodestino Condado-Paradanta
GEODESTINO CONDADO- PARADANTA
O pasado 23 de xaneiro, asinouse no Salón de actos do Concello de Ponteareas, o convenio para a creación do novo “geodestino” das Rias Baixas.
O convenio de colaboración entre os des concellos da comarca de Condado e Paradanta, que fai case un ano crear este novo produto turístico, foi aprobado polos plenos da corporación dos dez concellos. Esta rubrica permite poñer oficialmente en marcha, a colaboración da Xunta de Galicia, da creación dun destino turístico propio dentro das Rias Baixas, sumándose aos xa existentes noutras comarcas.
O texto establece que a xestión do servizo será realizada polo Concello de Ponteareas e incluirá os aspectos materiais, técnicos ou de servizo, sexan estes de solicitude dunha subvención, de tramitación administrativa, instalación, reparación e mantemento de infraestruturas, xestión de persoal e de axudas.
O convenio tamén prevé a consitución dunha comisión mixta con representantes por cada concello e a que poidan asitir técnicos dos mesmos.