La Escuela de Turismo Itinerante del CSHG formo a los hosteleros de la ruta de la Lamprea del Concello de Arbo.
Arbo a 8 de marzo .- O Concello de Arbo e Turismo de Galicia , a través da Escola de Turismo Itinerante, desenvolveu tres cursos de formación dirixidos aos hostaleiros da ruta da lamprea, os días 21 de febreiro, 6 e 7 de marzo co obxectivo de mellorar o servizo e facer unha xestión eficiente dos negocios.
Os establecementos hostaleiros que traballan na ruta da lamprea do río Miño poideron mellorar o seu servizo e a súa xestión grazas á Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), dependente da Axencia de Turismo de Galicia que impartiu tres cursos nas próximas semanas para estos profesionais.
Os cursos impartidos por profesores do Centro Superior de Hosteleria de Galicia, trasladaronse ata o Concello de Arbo para mostar os restauradores do Concello de Arbo, A Vila da Lamprea por excelencia, Como mellorar o posicionamento en internet, a reputación on-line e ferramentas para ser máis visibles na rede a alidade e técnicas na atención ao cliente. Tipoloxías de cliente. Tratamento de queixas e reclamacións. Información e coñecemento da ruta da lamprea. E as ferramentas de xestión de alimentos e bebidas do restaurante (ficha técnica, escandallos e receitas). Ferramentas para a análise (contas de explotación, instrumentos básicos de análise e xestión de custos).
A formación é un pilar fundamental para o desarrollo do sector turístico de Arbo, foi unha inicitiva moi ben acollida por todolos sectores de hostelería e turismo desta zona, tendo unha ampla participación dos restaurantes e casas de turismo rural do municipio, que avaliaron de forma moi positiva e beneficiosa este tipo de cursos para mellorar o seus servizos.
A Clausura do Curso asistiu a Directora da Escola de Turismo de Galicia, dona Marta Fernandez
A Ruta da lamprea que da a coñecer o importante patrimonio que rodea a este peixe e a súa captura. Este novo elemento dinamizador do turismo na zona vai unido ao viño e á gastronomía, polo que é fundamental que os establecementos hostaleiros de un bo servizo.