Clausura obradoiro de Emprego

Arbo.- 27 de marzo de 2017 - O pasado venres 24 de marzo na Casa Consistorial de A Cañiza, tivo  lugar a clausura do Obradoiro de Emprego 'II Paradanta'

O acto o que acudió o Delegado de la Xunta Jose Manuel Cores Touris, o alcalde de Arbo Horacio Gil Exposito, asi como o alcalde de A Cañiza, Crecente e Covelo.

O obradoiro de emprego que comezou no mes de setembro de 2016, preparou os vinte alumnos participantes, para a  formación en fábricas de albanelería e actividades auxiliares de conservación e mellora de montes, que permitiron acometer importantes proxectos na nosa vila, como a reparación e reacondicionamento dos lavadoiros  da Estación, das Regadas e de Vilaverde; a plantación, poda e limpeza dos parques de San Antonio e Rial do Pazo, o xardín do Lavadoiro de Turbela ou o acodicionamento da rotonda de San Benito.

O Delegado da Xunta así como os alcalde da Paradanta, mostraron a súa satisfación e felicitaron os alumnos polo traballo realizado en estes meses, coincidindo todos que este tipo de acción, axudan as persoas desempregadas a que logren reinsertarse laboralmente.

Area de comunicación 

 

 

 

 

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011