Obras de Parada de Autobus en PO-400
Cores Tourís comproba as obras de execución da parada de autobús ná estrada PO-400 en Arbo
Arbo a 11 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do alcalde de Arbo, Horacio Gil, visitou esta mañá o avance das obras de execución dunha parada de autobús que dotará de maior seguridade viaria á estrada PO-400 a altura de Rial do Pazo – Arbo, no punto quilométrico 18,600 da PO-400, na súa marxe esquerda.
As obras que estan sendo executadas pola Conselleria de Infraestructuras e viventa, pretenden mellorar a circulación neste punto e gañar en seguridade. As obras, que estarán rematadas nas próximas semanas, habilitarase unha parada de bus en paralelo á calzada, de xeito que os autobuses non interferiran ao parar nese punto e se mellorara a seguridade viaria. Para a súa execución foi necesario demoler a beirarrúa existente que foi ademais retranqueada, como tamén o foi a liña de alumeado e a canalización de augas pluviais residuais.
A maiores, o concello de Arbo ofreceu unha parcela colindante de propiedade pública para o seu acondicionamento e pavimentación, de cara a habilitar sete prazas de aparcamento, mantendo, ademais, o paso de acceso ás fincas xa existentes.
Esta nova parada completa a actuación de humanización da PO-400 que en 2010 foi obxecto de construción de beirarrúas con pavimento de baldosa ao longo de 310 metros lineais e cun orzamento de 60.000 euros. Ademais, en 2014, leváronse tamén a cabo traballos de mellora entre os quilómetros 12 e 24 da PO-400 ao seu paso por Arbo, e que consistiron no fresado e reposición da calzada con mestura bituminosa en quente, reposición da sinalización horizontal e xestión de residuos e limpeza de obras. Estes traballos completáronse con melloras no pavimento desta mesma estrada nos concellos de As Neves e Crecente, cun investimento de 225.000 euros.