Recoñecemento turistico Arabo
O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO VIÑO E DA LAMPREA DE ARBO “ARABO”, RECIBE O RECOÑECEMENTO DE “COMPROMISO DE CALIDADE TURISTICA”.
Arbo, a 13 de xuño de 2017 .- No marco do Sistema Integral de Calidade turística en Destinos (SICTED), a Secretaria de Estado de Turismo outorga o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea de Arbo “Arabo” o diploma de recoñecemento ao compromiso para a mellora da continuidade da calidade.
O SICTED e un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaria de Estado de Turismo, co apoio da FEMP, que traballa coa empresa/servizos turísticos co obxectivo de mellorar a experiencia e satisfacción do turista.
O distintivo que foi recollido polo Alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, acredita e recoñece o esforzo realizado polo Concello, así como o cumprimento dos requisitos establecidos e o compromiso de calidade e mellora continua o que está sometido o Arabo.
O Compromiso de Calidade Turística, e un recoñecemento, según informa o alcalde de Arbo, que trata de recoñecer, no caso de Arbo, a participación e compromiso do Concello Arbense cos seus produtos estrelas que son o Viño e a Lamprea, e que pretende conseguir que a Vila de Arbo, Capital da Lamprea e Corazón dos Viños Condado e Albariño, sexa considerado como referente turístico nacional e poida considerarse un destino de calidade, competitivo e a altura dos principais destinos turísticos de Galicia