Iluminacion Parque empresarial
HABILITACIÓN E MELLORA DE INFRAESTRUCTURAS DO PARQUE EMPRESARIAL DE ARBO
A Consellería de economía, emprego e industria, acaba de conceder unha subvención ó amparo da “ORDE do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia”.
O Parque Empresarial de Arbo, ven amosando moitas carencias con respecto ó funcionamento das instalacións de alumeado público, xa que co paso do tempo éstas fóronse quedando obsoletas e pouco eficientes con luminarias de moi baixo rendemento e con potencias moi elevadas en consumo.
As actuacións que se levarán a acabo estarán formadas pola sustitución do alumeado público actual ubicado no Parque Empresarial de Arbo e no seu aceso.
Dita actuación constará de:
- Sustitución de 61 luminarias existentes de baixo rendemento e de potencia 100 W con reactancia magnética por luminarias novas de LED da casa SETGA modelo EZ24S de potencia 28 W cada unha e con regulación de potencia máxima dun 50%.
- Sustitución de 4 luminarias existentes de baixo rendemento e de potencia 150 W con reactancia magnética por luminarias novas de LED da casa SETGA modelo EZ36M de potencia 59 W cada unha e con regulación de potencia máxima dun 50%.
- Instalación dunha proteción contra sobretensións trifásica de Tipo 2 da casa CIRPROTEC para proteción das luminarias LED fronte a protecións contra sobrecargas transitorias atmosféricas e de sobrecargas na rede eléctrica.
- Adaptación do cadro de alumeado ó sistema de funcionamento con luminarias LED.
Según manifesta o alcalde, Horacio Gil Exposito, esta actuación ten por obxeto de dinamizar a economía e o emprego local mediante a creación de novas empresas así como o mantemento das existentes no mencionado parque empresarial, estima que necesita reformar as instalacións de alumeado público actuáis, tendo en conta tanto as carencias e a obsolescencia do mesmo como o elevado gasto que supón o seu mantemento, do AFORRO ENERXÉTICO ANUAL ascende a 28.294 Kwh., ou o que é o mesmo aproximadamente unha reducción do 84,63% do consumo Ademáis, como consecuencia de ditos aforros enerxéticos, conseguirase tamén unha mellora considerable de redución de CO2 ó ambente exterior, ó redor de 9,62 toneladas de CO2 menos emitidas. conseguíondose con elo:
Ø Actualización do alumeado público obsoleto actual fronte ós alumeados dos parque empresariales máis próximos, mediante a instalación de luminarias de tecnoloxía LED, conseguindo con elo dar un mellor servizo ás empresas do citado parque empresarial.
Ø Mellora na eficiencia enerxética, cun un gran aforro enerxético e económico facendo que o parque sexa máis sostible e menos contaminante.
Ø Mellora na eficiencia lumínica, xa que disporá dunha iluminación máis uniforme, co conseguinte confort lumínico para as empresas do parque empresarial.