Convenio coa Coselleria de Medio Rural

O CONCELLO DE ARBO ASINA UN CONVENIO CON MEDIO RURAL PARA REALIZACIÓN DE OBRAS DE INFRAESTRUCTURA RURAL

 

O concello de Arbo e a Conselleria do medio Rural asinan un convenio para  a realización de obra de Infraestructura por un importe de 48.399,88 €.-

O concello de Arbo, pretende mellorar a súa rede  municipal de estradas, reparando e asfaltando e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. As obras incluidas dentro do proxecto  subvencionable e coa denominación de “Mellora de acceso a núcleos de poboación do Concello de Arbo”, e as obras consiten en actuacións no Camiño dos Pardieiros, en Rozas-Sela, camino de Fontán e Camiño de Espedrega, na parroquia de Cabeiras e Camiño das Searas na parroquia de Arbo.

No camiño dos Pardieiras plantease a pavimentación dun tramo do mesmo, dende o cruce coa pista que ven de Os Eidos de Abaixo, atravesando entre as casas de Rozas. Mellorarase o ancho do camiño na súa parte superior, xa que se colocará unha reixa de fundición por encima dunha canleta existente, permitindo que os vehículos circulen por encima da mesma.

 

Dentro do camiño de Fontán se pavimentará un primeiro tramo, dende a estrada de Cabeiras, mediante un dobre tratamento superficial, mais adiante unha zona con moita pendiente que actualmente se atopa en terra e para finalizar se pavimentara unha pequeña zona xunto con un ramal de entrada a vivendas. No camiño de Espedregada se pavimentará completamente un vial mediante unha capa de mezcla bituminosa enquente, mellorando o firme actual de forma sustancial, que se atopa moi deteriorado con tramos concretos deformados por culpa das raíces dos arbores existentes nos bordes da estrada.

 

O camiño das Searas mellorase na súa parte inferior mediante unha pavimentaicón a base doble de tratamento superficial e aproveitarase para executar unhas tiras de ensanche en dous tramos.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011