POSTA EN MARCHA DO NOVO PROGRAMA LANZADEIRAS DE EMPREGO 2017
A Conselleria de Economía, Emprego e Industria coa colaboración da Fundación Santa María la Real do Patrimonio Historico e co apoio da Fundación Telefonica, co financiamento do Fondo Social Europeo pon en marcha o PROGRAMA LANZADEIRAS que vai dirixido a busca de emprego ou autoemprego.
O programa servirá para adestrar a un equipo de persoas desempregadas para realizar unha nova procura de traballo acorde ao mercado laboral actual.
Beneficiarios: ter unha idade comprendida entre os 18 e os 59 anos, estar desempregado e inscrito como demandante de emprego
O Prazo de inscripción remata o 20 de Abril de 2017
As incricipción poderán facerse a través da seguinte ligazón http://lanzaderasdeempleo.es/formulario-de-inscripcion ou no Concello de Arbo coa Técnica de Emprego.
APERTURA DA PRIMEIRA CONVOCATORIA DE AXUDAS DIRIXIDAS A EMPRESAS E AUTÓNOMOS SITUADOS EN ZONAS ILLADAS DO RURAL GALEGO PARA A DOTACIÓN DO SERVIZO DE BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA.
Abrese o prazo para a solicitude de subvencións enmarcado no Plan de Banda Larga 2020, aprobado pola Xunta de Galicia a finais de 2015, que conta cun orzamento de 500.000 euros e poderase ampliar ata un máximo de 1 millón de euros, en función da demanda.
A Contía de subvención será de ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, cun máximo de 20.000€ por beneficiario. O IVE non será subvencionable.
O prazo para a solicitude das axudas rematará o día 20 de abril.
Para máis información sobre a convocatoria na seguinte ligazón http://amtega.xunta.gal/axudas-para-empresas-illadas, ou ben póñase en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h.
Axudas LEADER. PDR de Galicia 2014-2020
OBXECTIVO Submedida de apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo CONVOCA Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) PRAZO DE PRESENTACIÓN 1ª convocatoria: ata 31 de marzo de 2017 EN CASO DE NON COMPROMETERSE O TOTAL DA ANUALIDADE ABRIARSE UNHA 2ª convocatoria: ata 31 de maio de 2017 BENEFICIARIOS As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades Non poderán ser beneficiarios as empresas que operen no sector de pesca, da acuicultura e/ou da transformacións e comercialización de produtos pesqueiros
Mais información en GDR - Condado Paradanta
A lista provisional de Admitidos e Excluidos foi publicada con data 1 de decembro de 2016 no taboleiro de anuncios do Concello de Arbo
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011