O Concello de Arbo realizara obras de rehabilitación do casco histórico de Arbo ”, tras resolución de concesión de Subvención pola Deputación Provincial de Pontevedra por acordo da Xunta de Goberno de data 10 de decembro de 2021, no marco da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021.
Orzamento das obras: 4.489,10 € (IVE 21% incluído).
Achega da Deputación: 3.017,18 €
Aportación do Concello con cargo a Fondos Propios: 1471,92€.-
A intervención conten os seguintes procesos e materiais:
Demolicion de pavimento de granito existente roto ou en malas condicións .
Execución de pavimentación con laxas de granito.
Reparacion de pavimentación con laxas de granito.
O patrimonio cultural e arquitectónico é a expresión da totalidade de coñecementos, crenzas e valores, tanto artísticos como filosóficos e morais, que conforman a tradición das persoas e é a base das súas actividades expresadas en termos físicos de espazo e tempo, a través de procesos e axentes específicos.
Rematada a colocación de “Subministro de Material para colocar en distintos puntos do Concello, San Juan, Barcela, Sela, Cabeirazs e Zonas Públicas do Casco Urbano”,
o Concello de Arbo solicitou subvención que foi concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos - Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2021, dentro da Liña 1 – Investimentos, mediante Resolución da Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra de 04.08.2021, no importe de 12.055,05 € para Subministro de Material en zonas públicas do Casco Urbano en Barcia e San Xoán, sobre a base da memoria técnica para o “Subministro de material para colocar en distintos puntos do Concello: San Xoán, Barcela, Sela, Cabeiras e zonas públicas do casco urbano”, asinada polo arquitecto municipal D. Teodoro de Francisco Antes en data 12.05.2021.
REMATADA AS OBRAS DE RESTAURACIÓN DO LAVADOIRO DE BARCELA
O Concello de Arbo, platéxabase a “Mellora do lavadoiro de Barcela” para a súa posta en valor, deste elemento tradicional que forma parte dos lavadoiros públicos e que polo seu estado de deterioración ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor, necesita unha intervención.
Esta obra adxudicada por importe de 12.901,37 € (IVE 21% incluído), foi financiada polo Instituto de Estudos do Territorio da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dacordo a Resolución do 3 setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia e polo Concello de Arbo con cargo a fondos propios municipais, levarase a cabo por unha empresa local.
ARBO, CONTRATA AS OBRAS PARA A RESTAURACIÓN DO LAVADOIRO DE BARCELA
O Concello de Arbo, platéxase a “Mellora do lavadoiro de Barcela” para a súa posta en valor, deste elemento tradicional que forma parte dos lavadoiros públicos e que polo seu estado de deterioración ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor, necesita unha intervención.
Esta obra adxudicada por importe de 12.901,37 € (IVE 21% incluído), será financiada polo Instituto de Estudos do Territorio da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dacordo a Resolución do 3 setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia e polo Concello de Arbo con cargo a fondos propios municipais, levarase a cabo por unha empresa local.
O Lavadoiro de Barcela, trátase dun pequeno lavadoiro situado no lugar do Cruceiro na parroquia de Barcela en Arbo. Situado nunha cota inferior dos viais cos que limita e ten o seu acceso. Consta dunha planta cadrada con vaso realizado en ladrillo, pilares e cuberta de placa ladríllea, o lavadoiro é de ladrillo revestido.
AS OBRAS A REALIZAR
As actuacións consisten no debroce e limpeza da parcela na entorna do lavadoiro, reparación e encintado dos muros de pedra, reparación do lavadoiro, revestido do vaso e do resto do lavadoiro, pintado da estrutura existen con cores acordes ao medio, pavimentación do chan do lavadoiro con solado de pedra, deixando canal de recollida e evacuación de auga, colocar peldaños de baixada o lavadoiro, reparación da cuberta e colocar tella cerámico e pilares e revestilos con pedra de tipo país e acondicionamento de toda a contorna.
Co gallo da conmemoracion do 25 N, este ano colocáronse margaridas nos maceteros do centro urbano. Estas flores conteñen palabras en prol da igualdade, e nas que colaboraron o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do colexio Antonio Carpintero de Arbo.
Estas margaridas permanecerán expostas durante todo o mes de novembro de 2021 e realizáronse grazas a axuda concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral de Igualdade) e aos fondos do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade.
Anuncio do Concello de Arbo de Convocatoria para a selección, en réxime de persoal laboral temporal, dunha (1) praza de auxiliar administrativo socio-cultural.
PAVIMENTACIÓN DAS BEIRARÚAS DO VIAL DE ACCESO A SELA
Unha vez executados, certificados e xustificados os proxectos das actuacións incluídas na Liña 1: Investimentos do Plan Concellos 2020, e advertidos da existencia de remanentes por baixas na adxudicación a favor do Concello de Arbo, en ditos proxectos do Plan Concellos 2020, que importan un total de 10.991,00 €, existindo a posibilidade de reinvestilo en novos proxectos conforme ao establecido na base décimo novena da convocatoria de axudas, no marco do Plan de Obras e Servizos para o ano 2020 (Plan Concellos 2020), en concreto, na Liña 1: Investimentos, da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra publicada no BOPPO nº 1 de 2 de xaneiro de 2020.
Por alcaldía resolveuse realizar a finalidade obxecto da subvención “Pavimentación de Aceras de Acceso a Sela” co fin de mellorar e ampliar os camiños públicos e mellorar a accesibilidade dos habitantes, asumindo o compromiso de cumprir as condicións impostas nas bases do Plan Concellos 2020, aprobando o proxecto e solicitouse á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, unha subvención polo 100% da referida actuación, con cargo ao Plan Concellos 2020- Liña 1: Investimentos, ao abeiro da base décimo novena da convocatoria de axudas
Coas obras proxectada preténdese dar resposta a demanda dos veciños e veciñas de Sela, tendo en conta que na actualidade ditas beirarúas atópanse sen pavimentar e con moita maleza crecendo na zona destinada aos peóns, o que impide o paso seguro da veciñanza.
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011