Rehabilitación Miradoiros paseo Fluvial da Estación

ACONDICIONAMENTO DOS MIRADORES DO RÍO MIÑO NO PASEO FLUVIAL DA ESTACIÓN – ARBO

  • Concello de Arbo, realiza obras de  “Acondicionamento de diferentes recursos no Concello de Arbo,  tras sinatura do convenio de colaboración entre a Axencia de Turiismo de Galicia e o Concello de Arbo para a realización de determinadas actuacións de mellora das infraestructuras turísticas no Concello de Arbo.
  • importe do contrato de obras  ascendería á cantidade de 28.841,22 € (IVE 21%  incluído, que ascende a 4.943,02 €),

Á vista do expediente que se tramitou ante Axencia de Turismo de Galicia de acordo coa Resolución do 13 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503D),  para a obtención dunha subvención de 29.933,22 (IVE 21% incluído),  para a actuación denominada “Rehabilitación de Miradoiros do Río Miño en Arbo”, que inclúe obra e honorarios de redacción e dirección de proxecto.

 

BASES E CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN, EN RÉXIME DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, NA MODALIDADE DE INTERINIDADE POR VACANTE, DUNHA (1) PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO SOCIO-CULTURAL

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partires do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE) mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG)
 
 

ADQUISIÓN PARCELA EN CHAN - ARBO

O CONCELLO DE ARBO ADQUIRE UNHA PARCELA EN CHAN – ARBO CON CARGO O PLAN CONCELLOS 2021: LIÑA 1: INVESTIMENTOS, A CORRESPONDENTE SUBVENCIÓN Á EXCMA.   DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, SENDO CONCEDIDA NO IMPORTE DE 20.133,00 € POR RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DE DATA 10.05.2021.

O Concello de Arbo pretende adquirir a parcela/finca urbana situada no Lugar de A Chan - Arbo, que a seguido se describe, e enclavada entre o Arabo e o inmoble que se destinará ao futuro centro social, co fin de ampliar os servizos e as dotacións/equipamentos públicos e municipais destinados aos veciños e veciñas do Municipio de Arbo.

Con este fin, solicitouse no marco do Plan Concellos 2021: Liña 1: Investimentos, a correspondente subvención á Excma.   Deputación Provincial de Pontevedra, sendo concedida no importe de 20.133,00 € por Resolución Presidencial de data 10.05.2021.

A localización do inmoble é a seguinte:

Barrio / Distrito: Lugar  A Chan - Arbo

Municipio:        Arbo

 

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011