Contratación para instalación de climatización na Planta Segunda da Casa Consistorial

O CONCELLO DE ARBO CONTRATA A INSTALACIÓN DA CLIMATIZACIÓN NA PRANTA SEGUNDA DA CASA COSISTORIAL 
 
 
Obxecto do contrato:
 
Subministro e montaxe de catro unidades climatizadoras para a Planta Segunda da Casa Consistorial
 
Valor Estimado:
O orzamento base de licitación ascende á cantidade de 9.554,52 (IVE 21% incluído) 
 
Xustificación da necesidade 
Actualmente as oficinas da segunda Planta da Casa Consistorial non conta con climatizador. 
As oficinas situadas na planta superior están directamente conectadas co Tellado, non contan con ventanais, e  as vélux coas que contan en algún dos casos dan directamente a cornisa do edificio o que non permite que o aire entre.
A importancia de dotar as oficinas da planta superior de climatización é mellorar ás condicións  de traballo dos empregados que teñen o seu posto de traballo ubicado nesta planta superior, garantindo unha temperatura adecuada no verán. 
Coa climatización buscase unha solución rápida tendo en conta que durante os meses de máis calor os traballadores,  están soportando temperaturas de ata 35 graos.
 

Adquisición de fregadora para limpeza do C.E.I.P Antonio Carpintero

O CONCELLO DE ARBO ADQUIRE UNHA FREGADORA PARA A LIMPEZA DO C.E.I.P Antonio Carpintero 
 
Obxecto do contrato:
Compra de fregadora para a limpeza máis eficiente e segura para o Colexio Publico Antonio Carpinteiro
 
Valor Estimado:
 
O valor estimado do contrato ascende 1.980,00 € (IVE 21% excluído)
O orzamento base de licitación ascende á cantidade de 2.395,80 (IVE 21% incluído que ascende 415,80 €)  
 
Xustificación da necesidade 
 
O Concello de Arbo pretende reforzar a limpeza e desinfección levada a cabo no Colexio Público C.E.I.P Antonio Carpintero con motivo das novas medidas adoptadas pola crise sanitaria do COVID-19.
 
Cando as zonas a fregar son máis grandes, como sucede nas instalación do Colexio  e tendo en conta o momento que estamos vivindo e os protocolos establecidos pola Xunta de Galicia para previr o covid-19, a limpeza ten que ser máis exhaustiva. 
Con esta fregadora aumentase o ancho do fregado incrementando a eficiencia operativa e chegando a todas as superficies facendo unha limpeza máis segura para os alumnos e alumnas. 
 

Subministro e Instalación Sistema de CCTV en Punto Limpo

CONTRATACIÓN CAMARAS DE SEGURIDADE NO PUNTO LIMPO DE ARBO
O Concello de Arbo, contrata o subministro e Instalación  de Sistema de CCTV en Punto Limpo para reforzar a seguridade no recinto e evitar roubos e actos vandálicos
 
Valor Estimado:
 
O valor estimado do contrato ascende a 2.111,72 € (IVE 21% excluído)
O orzamento base de licitación ascende á cantidade de 2.555,18 (IVE 21% incluído que ascende a 443,36 €)  
 
Xustificación da necesidade 
 
As instalacións do Punto limpo atópanse en Bouza de Miguel na parroquia de Arbo, situadas nunha zona onde o paso de vehículos e persoas non é moi habitual. 
 
Nas últimas semanas este Concello xa formalizou varías denuncias por atoparse intrusos dentro das instalacións.
 
Coa colocación do sistema de CCTV no Punto limpo pretendese reforzar a seguridade no recinto, garantir a seguridade dos traballadores do Concello de Arbo, así como previr a comisión de delitos, faltas e infraccións relacionadas coa seguridade pública e actos de vandalismo contra o patrimonio público. 
 

APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO MUNICIPAL DEFINITIVO

O Pleno do Concello de Arbo, en sesión extraordinaria telemática celebrada o pasado día
7 de maio de 2020, aprobou, con carácter inicial, o Orzamento Xeral da Corporación para o
exercicio 2020.
Dito expediente permaneceu exposto ao público durante quince días hábiles, a través
do taboleiro electrónico e portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Arbo,
publicándose anuncio no Boletín Oficial da Provincia número 89 de 12 de maio de 2020.
Durante o período de exposición pública indicado, que se iniciou o día 13 de maio de 2020
e rematou o 2 de xuño de 2020, non se presentaron alegacións contra a aprobación do citado
expediente, tal e como resulta do certificado emitido o 3 de xuño de 2020 pola Secretaría
Municipal, quedando elevado a definitivo o acordo de aprobación do Orzamento Xeral da
Corporación para o exercicio 2020.
En consecuencia, e de conformidade co establecido no artigo 20.3 do R.D. 500/90 e 169.3 do
Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise pública a aprobación definitiva
do expediente do Orzamento Xeral do Concello de Arbo, para o exercicio 2020,

Colocación de Contenedores

Arbo, 23 de abril de 2020
 
O Concello de Arbo, segue colocanto contenedores por todas as parroquias, para seguir fomentando a recollida de papel-carton e envases de plático.
 
O Concello de Arbo está a detectar un uso inadecuado dos CONTENEDORES VERDES, con vertidos de aparellos, produtos metálicos, madeira... Así como tamén, depósitos de materiais en plena rúa ou nas beirarrúas.
 
Esta condutas, PODEN SER OBXECTO DE SANCIÓN, polo que agradecemos se faga un uso adecuado deste servizo.
 
RECORDAMOS O DEBER DE USAR BOLSA PARA DEPOSITAR O LIXO NOS CONTENEDORES.

 

Comunicado alcalde do Concello de Arbo

Queridos veciños e veciñas de Arbo:

Nestes tempos  complicados pola grave crise sanitaria que atravesa España, Galicia e Arbo a causa da pandemia do coronavirus COVID-19, como alcalde e veciño,  quero expresarvos o meu orgullo pola resposta que estades a dar ante as severas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, pola  Xunta de Galicia e polo Goberno de España, medidas moi duras para vos e para mín.

Estamos a dar exemplo de organización e de cumprimento estrito de cada orde que recibimos, actuando con lealdade e seguindo as medidas de prevención precisas coa finalidade de conter a propagación do virus e tratar de minimizar as afeccións no noso municipio. Para elo debemos seguir cumprir do estritamente as recomendacións, evitando ao máximo saír dos nosos domicilios.   Entre todos podemos conseguir  que este virus non se propague na nosa area de influencia.

Estamos nun momento  excepcional para demostrar, unha vez máis,  a madurez como sociedade e a responsabilidade como individuos a favor do interese xeral, da solidariedade e da unidade.

Quero agradecer sinceramente a todos os que durante estes difíciles momentos ofreceron e ofrecen a súa axuda, os voluntarios,  ás adegas, que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os parques…, chegando ao máximo de núcleos de poboación,  un traballo complicado, tendo en conta que Arbo é un concello rural con máis de 370 quilómetros de rede viaria e núcleos moi dispersos; ao persoal dos supermercados e tendas de alimentación, das farmacias, dos quioscos, aos panadeiros, aos carniceiros, aos transportistas, aos taxistas, ao persoal das oficinas bancarias,  aos agricultores e aos adegueiros,  a toda a corporación municipal, ao persoal municipal dos diferentes servizos, aos servizos sociais e do SAD que están a desenvolver as tarefas necesarias para que  os colectivos máis vulnerables e as persoas maiores do noso concello dispoñan das mellores condicións e non saían das súas vivendas, facendo que para eles este confinamento sexa o máis tranquilo e o máis levadeiro posible  e  a todos aqueles traballadores e traballadoras de todos os sectores que conseguen  co seu esforzo, responsabilidade e espírito de sacrificio, que esta crise sanitaria sexa máis soportable para todos.

Non podo deixar de mostrar o meu máis profundo agradecemento á labor desenvolvida polo persoal sanitario na súa loita por protexer e salvar as vidas de milleiros de afectados, antepoñendo sempre a saúde dos pacientes fronte á súa propia.

Tampouco quero esquecer ás forzas e corpos de seguridade do Estado e ao Exercito, que sempre están onde e cando teñen que estar, preto da cidadanía nos momentos que máis se necesitan e recordando a necesidade de cumprir as normas, que son a mellor garantía para a seguridade e benestar de todos.

O Concello de Arbo, unha vez superada a crise sanitaria valorará xunto con todos os sectores máis afectados,  con toda a corporación, cantas iniciativas sexan necesarias para que dentro das posibilidades e competencias municipais, podamos axudar e dinamizar os recursos locais, para favorecer a recuperación e reactivación económica do noso concello.

Traballamos dende o primeiro momento, adoptando as medidas necesarias para axilizar ao máximo o pago aos provedores, para colaborar coa continuidade da súa actividade empresarial, tratando de minimizar os problemas de liquidez que esta crise puidéralles ocasionar e tratar de manter os postos de traballo.

 

Aproveito tamén, para comunicarlles a suspensión dos prazos de pago que constan no calendario fiscal do noso Concello, asemesmo quedan prorrogados os prazos de pago en voluntaria das débedas tributarias correspondentes as taxas actualmente ao cobro.

Quedan días duros nos que non podemos baixar a garda, pero estou seguro que xuntos conseguiremos vencer o virus. É unha batalla común e imos a gañala. Quédate na casa!!

O alcalde. Horacio Gil Expósito

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011