ARBO, RECIBE MATERIAL EPI PARA O PERSOAL DO CONCELLO DE ARBO
O CONCELLO DE ARBO ADOPTA MEDIDAS NA PRAZA DO MERCADO
O Concello de Arbo dende que o goberno de España decretou o Estado de Alarma adoptou unha batería de medidas coa finalidade de evitar a propagación do coronavirus, unhas medidas moi estritas na Praza de Abastos, onde ademais de desinfección e hixiene , dotouse de dispensadores e luvas para os usuarios, xunto cun estrito control por parte do persoal municipal para que se adopten as medidas sanitarias propostas, evitando aglomeracións dentro do mercado e limitando o uso das instalacións a unha persoa por posto mantendo sempre a distancia de seguridade
Por resolución da alcaldía, púxose a disposición de todos os arbenses que se atopen dentro do colectivo de persoas vulnerables o servizo de taxis gratuíto para a realización de compras en supermercados e farmacias.
PAPA NOEL VISITA O CAMPAMENTO DE NADAL DE ARBO E OUTRAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS
Hoxe día 23 de decembro e dentro das actividades programadas polo Concello de Arbo, dentro do Nadal 2019, papá Noel visitou aos nenos e nenas que participan no campamento de Nadal do Concello.
Papá Noel acompañado da súa dona repartiu caramelos e sacou fotos con todolos nenos.
Para os nenos tanto os mais cativos como os mais grandes disfrutaron de este momento.
Papa Noel tamén visitou as depedencias municipais do Concello de Arbo, o Centro de Saude así como outros edificios municipais.
O PROGRAMA DA ESCOLA GALEGA DO CONSUMO DA CONSELLERIA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA VISITA O CAMPAMENTO DE NADAL DO CONCELLO DE ARBO
A Escola Galega do Consumo da Xunta desprázanse ao CEIP Antonio Carpintero para impartir as actividades de LecerConsumo aos nenos e nenas participantes no campamento do Concello de Arbo
A actividade LecerConsumo, solicitada polo Concello de Arbo para aos nenos e nenas do campamento de nadal, é un programa estacional que desenvolve a Escola Galega do Consumo nos meses de nadal. A través do concepto de lecer responsable trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo: a publicidade, a alimentación sa e equilibrada, a etiqueta ou as TIC.
O alcalde do Concello de Arbo, informa que esta actividade, está dirixida a todas as idades e a oferta formativa adáptase aos distintos intereses e necesidades de cada unha delas, sendo actividades de carácter lúdico e participativo, pedagóxicas e promotoras da aprendizaxe colaborativa, na que os participantes aprenderon con xogos o consumo responsable.
El pasado sábado día 22 de noviembre, un total de 60 veciños y vecinas de PonteSampaio, visitaban el Museo Arabo, acompañados del Alcalde, Horacio Gil.
o Concello de Arbo, asina un convenio de Colaboración coa Asociación de Xubilados e Pensionistas de Arbo, por importe de 800€.-
SINATURA DO ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A ASOCIACIÓN CULTURAL EVARISTO DE SELA, asinado con data 25 de abril de 2018
SINATURA DO ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A ASOCIACIÓN CULTURAL ARBOROCK, asinado con data 02 de novembro de 2017
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE ARBO E ASOCIACION DEPORTIVA E CULTURAL LAMPREBIKE ARBO
Que o Concello considera que a labor que realiza esta asociación é de interese público, o cal supón un fomento deste modalidade deportiva e doutras actividades deportivas relacionadas coa mesma. Do mesmo xeito, o Concello considera que a colaboración da Asociación na Marcha BTT da Lamprea no mes de Abril e a Festa da Bicicleta no mes de Agosto contribúe a promoción turística e económica do municipio. O Concello de Arbo comprométese a achegar a cantidade máxima de 800,00 € a A.Cultural e Deportiva Lamprebike para o ano 2019
SINATURA ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A SOCIEDADE DE CAZADORES SANTA BARBARA DE AS NEVES-ARBO PARA A ACTIVIDADE DENOMINADA FEIRA DE CANS DE CAZA A CELEBRAR EN ARBO, asinado con data 11 de novembro de 2016
A contía para este ano 2019 para a a Sociedade de Caza Santa Barbara de As Neves-Arbo incrementouse ata o importe de 1.700,00 €.
SINATURA ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A ASOCIACIÓN CULTURAL VELLA BARCA, asinado con data 17 de novembro de 2016
SINATURA ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A ASOCIACIÓN DEPORTIVA DE ARBO “EQUINOS”, asinado con data 28 de novembro de 2016
SINATURA ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A ANPA A LUMBRE E O CONCELLO DE ARBO PARA A POSTA EN MARCHA DE DIVERSAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA OS ALUMNOS DO CEIP ANTONIO CARPINTERIO DURANTE O CURSO ESCOLAR, asinado con data 8 de novembro de 2016
SINATURA DO ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A ASOCIACIÓN OS MUIÑOS DE CABEIRAS PARA A POSTA EN MARCHA DO BELEN VIVENTE, asinado con data 8 de novembro de 2016
SINATURA DO ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE ARBO, asinado con data 21 de novembro de 2016
SINATURA DO ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A ASOCIACIÓN DEPORTIVA DE ARBO C.F, asinado con data 16 de novembro de 2017
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011