Subvencións concedidas ao Concello de Arbo pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no marco da “Convocatoria de subvencións a concellos destinadas á mellora dos montes mediante a creación de parques forestais” (BOPPO nº 243de 21.12.17):
Este Concello tras solicitude presentada no marco da Liña 1 da convocatoria do Ente Provincial para o ano 2018 resultou beneficiario da seguinte subvención por acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de data 22.06.18:
*Subvención por importe de 5.488,56 € (70%) para a redacción do proxecto para a creación do parque forestal de “San Xoán de Arbo”, cun orzamento total de 7.840,80 €, sendo o importe de achega municipal de 2.352,24 € (30%). A redacción do referido proxecto foi encargada polo Sr. Alcalde á mercantil “SERVICIOS TÉCNICOS E OBRA DO RURAL S.L. -XIRELA” no importe de 7.840,80 €.
Este Concello tras solicitude presentada no marco da Liña 2 da convocatoria do Ente Provincial para o ano 2018 resultou beneficiario da seguinte subvención por acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de data 22.06.18:
*Subvención por importe de 38.271,74 € (70%) para levar a cabo as actuacións no parque forestal de “Bouza de Miguel”, cun orzamento total de 54.673,91 €, sendo o importe de achega municipal de 16.402,17 € (30%). As actuacións incluídas son: Implantación de medidas fronte incendios forestais: rozas e actuacións de eliminación das especies seucaliptus e pinus en faixas de defensa primaria, así como a mellora de valores naturais: formacións arbóreas, creación dunha zona de uso e aproveitamento da cidadanía: parque, incluída a sinalización e divulgación do parque. O orzamento por importe total de 54.673,91 € presenta o seguinte detalle:
Capítulo I: Rozas: 2.929,81 €
Capítulo II: Plantación: 3.083,92 €.
Capítulo III: Parque: 28.106,90 €.
Capítulo IV: Sinaléctica: 3.450,00 €
Capítulo V: Divulgación: 400,00 €
Total orzamento execución material: 37.970,63 €.
Beneficio Industrial 13%: 4.936,18 €.
Gastos Xerais 6%: 2.278,24 €
IVE 21%: 9.488,86 €
Total orzamento final: 54.673,91 €
A actuación foi contratada a través de licitación por procedemento aberto, con división en lotes, co seguinte detalle:
LOTE 1 Comprende os capítulos I e II de orzamento: actuacións sobre a vexetación (rozas e plantación)
Orzamento base de licitación IVE 21% excluído: 7.156,34 €. (IVE 21% 1.502,83 €)
Orzamento base de licitación IVE 21% incluído: 8.659,17 €.
LOTE 2: Comprende os capítulos III, IV e V de orzamento: as actuacións de creación área infantil, divulgación e sinalización
Orzamento base de licitación IVE 21% excluído: 38.028,71 € (IVE 21% 7.986,03 €)
Orzamento base de licitación IVE 21% incluído: 46.014,74 €.
O contrato para a execución das actuacións incluída no lote II foi adxudicado neste ano 2019 á mercantil “ZONA DE OBRA O ROSAL S.L.” no importe de 37.271,94 € (IVE incluído), atopándose pendentes de adxudicación as actuacións incluída no lote I, ao quedar deserto o procedemento aberto neste parte, e estar en tramitación un procedemento negociado sen publicidade conforme ao disposto na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público.
Dáselle publicidade a dito cofinanciamento recibido da Deputación Provincial de Pontevedra para ditos fins, cumprindo coas obrigas establecidas nas bases da convocatoria do ano 2018.