P.A.I GRATUITO

O CONCELLO DE ARBO ESTENDERÁ ESTE CURSO A GRATUIDADE DO P.A.I

 

  • O Concello de Arbo, aprobaba en Pleno a ordenanza Fiscal para establecer a  gratuidade da prestación deste servizo da atención educativa no PAI de Arbo a partir do próximo curso 2022-2023, segundo o disposto na Lei 18/2021, do 27 de decembro, que modifica o título da disposición adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

 

  • Os custes da gratuidade serán asumidos pola Xunta de Galicia:  "axudas recibidas a través da Consellería de Política Social e Xuventude para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís e Puntos de Atención á Infancia 2022/2023"

PLAN CONCELLOS 2023

PLAN CONCELLOS 2023 - PROGRAMA DESTINADO Á AMORTIZACIÓN DE DÉBEDAS CON ENTIDADES FINANCEIRAS, ACREDORES DE GASTO CORRENTE E INVESTIMENTOS E FINANCIAMENTO DE GASTO CORRENTE DERIVADO DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS E/OU DERIVADO DA REALIZACIÓN DE ACTOS CULTURAIS, DEPORTIVOS, SOCIAIS, ETC NÚMERO DE EXPEDIENTE: 2023005272 DENOMINACIÓN DA ACTUACIÓN: “GASTO CORRENTE PAGO SOGAMA” BENEFICARIO: Concello de ARBO ASUNTO: Concesión de subvención; compromiso de gasto que importa 10.428,97 euros

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA PARA A “URBANIZACIÓN DO CAMIÑO DA BOUZA”.

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA PARA A  “URBANIZACIÓN  DO CAMIÑO DA BOUZA”.

  • Importe do contrato: 199.466,87 (IVE  do 21% incluído que ascende a 34.618,22 €)

 

  • Prazo de execución fíxase no proxecto técnico en TRES (3) MESES.
  • Concello conta cunha achega da Deputación de Pontevedra incluído no Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos) 2022-2023, dentro da Liña 1 – Investimentos – ANUALIDADE 2023

O CONCELLO DE ARBO ACOMETERÁ OBRAS DE “HUMANIZACIÓN DO CAMIÑO SAN BENITO

O CONCELLO DE ARBO ACOMETERÁ OBRAS DE “HUMANIZACIÓN DO CAMIÑO SAN BENITO

  • Orzamento: 35.881,35 € (IVE  do 21% incluído que ascende a 6.227,34€)
  • Coas obras proxectadas preténdese optimizar o servizo que ofrece o camiño e mellorar a seguridade viaria do mesmo, xa que, na actualidade, é un vial moi estreito e perigoso.

 

  • O Concello conta cunha achega da Deputación provincial de Pontevedra-  Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencias municipal para a anualidade 2022-2023, dentro da liña 1 – Investimentos

 

PLAN CONCELLOS LIÑA 3

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 28 de xaneiro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

3.31188.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE ARBO AO ABEIRO DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-2023 CORRESPONDENTE Á LIÑA 3: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS

LIÑA 3: importe máximo da subvención que se pode destinar a esta liña 97.065,72 €

OBRAS DE MELLORA DO ENTORNO DO CRUCEIRO DE SELA.

Por medio de la presente intervención, pretendese poñer en valor o Cruceiro e o seu entorno próximo, xa que  se trata da zona antiga de Sela: para o cal se retirará o aglomerado asfáltico e colocarase formigón árido visto, deixando unha zoa de terra na contorna das arbores e no mesmo estado natural a zona na proximidade do Cruceiro, e facendo unha recollida de pluviais.

A intervención conten os seguintes procesos e materiais • Acondicionamento do terreo no entorno do Cruceiro. Consiste en el desbroce da vexetación e retirada do aglomerado asfáltico necesario para colocar o pavimento de formigón con árido visto. No encontro do Cruceiro manterase o bordillo de pedra e manterase o estado natural do pavimento existente, despois da limpeza do mesmo. Limpeza e retirada de escombros. A obra e seu entorno quedarán preparados para seu uso inmediato. Todos os escombros serán retirados a vertedoiro autorizado.

Esta actuación conta coa autorización da   Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades – Patrimonio Cultural, que marcou as pautas  a seguir para a intervención da mellora.

Se establece un prazo de execución para as obras proxectadas dun (1) mes, contados dende o día seguinte a sinatura da Acta de comprobación do replanteo. 

O Concello conta con financiamento da Deputación de Pontevedra, por acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de 1 de xullo de 2022,  de acordo coas bases  para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022 (acordo nº 16.31917, CSV: K88T7OHBHHLX4OLZ) con cargo á aplicación 22/332.3322.762.00 do vixente Orzamento provincial, correspondéndolle a este concello a cantidade de 3.022,02 euros para Obras de mellora da pavimentación no entorno do cruceiro de Sela

Os restantes 3.255,94 €.  serán financiados con cargo a fondos propios do Concello existentes na aplicación orzamentaria 336.619 do orzamento  definitivamente aprobado cara o exercicio 2022 por acordo plenario de 07.09.2022, publicado no BOPPO nº 173 de 09.09.2022; atopándose a presente actuación no anexo de investimentos do referido orzamento.

Comezan en Arbo as obras de mellora do ensanche do vial da igrexa de Santa María á capela de San Pedro

Comezan en Arbo as obras de mellora do ensanche do vial da igrexa de Santa María á capela de San Pedro

Coas actuacións previstas pretendese mellorar o servizo que ofrece para os usuarios o vial de acceso dende a Igrexa ata a Capela de San Pedro na parroquia de Arbo , obxecto da obra, pois é un vial utilizado, tanto por vehículos como por peóns, prevéndose a súa mellora e pavimentación, ao atoparse en mal estado.

As obras previstas conta  con traballos previos e escavacións: Roce do terreo, demolición dos pavimentos existentes e realización do movemento de terras necesario, coa escavación (principalmente en roca, con martelo  picador), así como a carga e transporte do material sobrante a entulleira.

Executaranse muros de pedra do país, para a contención dos camiños, ou a reposición do peche das parcelas afectadas. Realizarase a recollida das augas pluviais dispoñendo unha cuneta de formigón. Executaranse tubaxes de PVC. Pozos de rexistro e  arquetas. Renóvase a rede de iluminación do vial e a rede eléctrica e rede de telecomunicacións e pavimentación.

Por  medio da presente intervención, ponse en valor a Capela de San Pedro e a Igrexa de Santa María de Arbo  e o seu  entorno próximo, xa  a Granxa tratase da zona máis antiga de Arbo e  pretendese  conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais,  e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes,  así como mellorar a súa funcionalidade e fomentar o seu uso e mantemento, mellorando tamén a seguridade vial e facilitar o acceso ao barrio da Granxa.

 

O orzamento base de licitación ascende á cantidade de  202.988,56 € (IVE do 21% incluído que ascende a 35.229,42 €) e conta cunha achega da Deputación Provincial de Pontevedra, no marco do Plan Concellos 2022-2023: Liña 1: Investimentos. 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011