Adxudicación obra

O concello de Arbo, acaba de contratar as obras de Acondicionamento do recinto das piscinas municipais”cun orzamento de execución por contrata das obras cifrado en 79.482,48 € , IVE do 21% incluído, dos que corresponden á base 65.668,00 € e ao IVE 13.794,48 €,   tres (3) meses de prazo para executalas, nos termos de proxecto  do que é autora  a Sra. Arquitecta Dª Mónica Parada Vázquez, con financiamento da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra na contía dos 79.482,48 € con cargo a aplicación orzamentaria 342.619 do orzamento prorrogado cara o exercicio 2018, tras modificación de crédito na modalidade de xeración de crédito tramitada en base ao compromiso firme de achega do Ente Provincial.

O Concello de Arbo, adxudicou  o contrato para a execución das obras de Acondicionamento do recinto das piscinas municipais” á mercantil  “Turbela, S.L.”, con CIF núm. B36519718,  ao ser a súa proposta  a economicamente máis vantaxosa de acordo co prego e o informe técnico de avaliación  emitido en data 02.05.18,  nos termos de pormenor da proposta final presentada e arriba referida,  sendo o prazo de execución de tres meses, e o que se lle debe comunicar en forma regulamentar co réxime de recursos legalmente establecido para que, no prazo de 15 días hábiles a contar dende o día  seguinte á notificación deste acordo, compareza no escritorio municipal co fin de formalizar o preceptivo contrato administrativo.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011