Visita deputados A Lomba
OS DEPUTADOS CARLOS LOPEZ FONT E OLGA M GARCIA BALLESTEROS VISITABAN XUNTO CO ALCALDE DE ARBO, HORACIO GIL AS OBRAS DA LOMBA
O Concello de Arbo e a Deputación Provincial melloraron a estrada provincial no barrio da Lomba – Mourentan do termo municipal de Arbo. Os Deputados Carlos Lopez e Olga M. García, achebanse ao Termino municipal de Arbo, para comprobar xunto co Alcalde do Concello de Arbo Horacio Gil, o remate das actuacións realizadas no entorno da estrada de titularidade provincial EP-5003, nas proximidades do seu cruce coa estrada EP-5205, no lugar de A Lomba.
O Deputado Carlos Lopez, aseguraba que esta actuación é sobresaínte e vai na liña de ter como prioridade ás persoas e garantir a seguranza viaria nas estradas provinciais.
O Alcalde do Concello de Arbo, informaba que Estes traballos melloran a accesibilidade do treito e dotan de servizos á veciñanza da Lomba, repercutindo na súa calidade de vida.