A Escola Galega de Consumo visita o Campamento de Nadal
O PROGRAMA DA ESCOLA GALEGA DO CONSUMO DA CONSELLERIA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA VISITA O CAMPAMENTO DE NADAL DO CONCELLO DE ARBO
A Escola Galega do Consumo da Xunta desprázanse ao CEIP Antonio Carpintero para impartir as actividades de LecerConsumo aos nenos e nenas participantes no campamento do Concello de Arbo
A actividade LecerConsumo, solicitada polo Concello de Arbo para aos nenos e nenas do campamento de nadal, é un programa estacional que desenvolve a Escola Galega do Consumo nos meses de nadal. A través do concepto de lecer responsable trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo: a publicidade, a alimentación sa e equilibrada, a etiqueta ou as TIC.
O alcalde do Concello de Arbo, informa que esta actividade, está dirixida a todas as idades e a oferta formativa adáptase aos distintos intereses e necesidades de cada unha delas, sendo actividades de carácter lúdico e participativo, pedagóxicas e promotoras da aprendizaxe colaborativa, na que os participantes aprenderon con xogos o consumo responsable.