Subministro e Instalación Sistema de CCTV en Punto Limpo
CONTRATACIÓN CAMARAS DE SEGURIDADE NO PUNTO LIMPO DE ARBO
O Concello de Arbo, contrata o subministro e Instalación de Sistema de CCTV en Punto Limpo para reforzar a seguridade no recinto e evitar roubos e actos vandálicos
Valor Estimado:
O valor estimado do contrato ascende a 2.111,72 € (IVE 21% excluído)
O orzamento base de licitación ascende á cantidade de 2.555,18 (IVE 21% incluído que ascende a 443,36 €)
Xustificación da necesidade
As instalacións do Punto limpo atópanse en Bouza de Miguel na parroquia de Arbo, situadas nunha zona onde o paso de vehículos e persoas non é moi habitual.
Nas últimas semanas este Concello xa formalizou varías denuncias por atoparse intrusos dentro das instalacións.
Coa colocación do sistema de CCTV no Punto limpo pretendese reforzar a seguridade no recinto, garantir a seguridade dos traballadores do Concello de Arbo, así como previr a comisión de delitos, faltas e infraccións relacionadas coa seguridade pública e actos de vandalismo contra o patrimonio público.