Adquisición de fregadora para limpeza do C.E.I.P Antonio Carpintero
O CONCELLO DE ARBO ADQUIRE UNHA FREGADORA PARA A LIMPEZA DO C.E.I.P Antonio Carpintero
Obxecto do contrato:
Compra de fregadora para a limpeza máis eficiente e segura para o Colexio Publico Antonio Carpinteiro
Valor Estimado:
O valor estimado do contrato ascende 1.980,00 € (IVE 21% excluído)
O orzamento base de licitación ascende á cantidade de 2.395,80 (IVE 21% incluído que ascende 415,80 €)
Xustificación da necesidade
O Concello de Arbo pretende reforzar a limpeza e desinfección levada a cabo no Colexio Público C.E.I.P Antonio Carpintero con motivo das novas medidas adoptadas pola crise sanitaria do COVID-19.
Cando as zonas a fregar son máis grandes, como sucede nas instalación do Colexio e tendo en conta o momento que estamos vivindo e os protocolos establecidos pola Xunta de Galicia para previr o covid-19, a limpeza ten que ser máis exhaustiva.
Con esta fregadora aumentase o ancho do fregado incrementando a eficiencia operativa e chegando a todas as superficies facendo unha limpeza máis segura para os alumnos e alumnas.