REHABILITACIÓN CASCO HISTORICO
O Concello de Arbo realizara obras de rehabilitación do casco histórico de Arbo ”, tras resolución de concesión de Subvención pola Deputación Provincial de Pontevedra por acordo da Xunta de Goberno de data 10 de decembro de 2021, no marco da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021.
Orzamento das obras: 4.489,10 € (IVE 21% incluído).
Achega da Deputación: 3.017,18 €
Aportación do Concello con cargo a Fondos Propios: 1471,92€.-
A intervención conten os seguintes procesos e materiais:
Demolicion de pavimento de granito existente roto ou en malas condicións .
Execución de pavimentación con laxas de granito.
Reparacion de pavimentación con laxas de granito.
O patrimonio cultural e arquitectónico é a expresión da totalidade de coñecementos, crenzas e valores, tanto artísticos como filosóficos e morais, que conforman a tradición das persoas e é a base das súas actividades expresadas en termos físicos de espazo e tempo, a través de procesos e axentes específicos.