ABASTECEMENTO DO CUARTO

ARBO LICITA A RENOVACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO EN CUARTO, PARROQUIA DE SAN CRISTOVO DE MOURENTAN, ARBO

  • As obras consistirán na construción dunha rede abastecemento de subministración de auga potable para substituír á actual rede de abastecemento en mal estado. 
  • Orzamento: 49.979,74 €  (IVE 21% incluído).
  • Esta actuación conta con financiamento do 100% de Augas de Galicia

 

O Concello de Arbo, licita a obra de renovación da rede de abastecemento en Cuarto da Parroquia de San Cristovo de Mourentan.

O importe das actuacións ascende a 49.979,74€ € (IVE 21% incluído), e contan co financiamento do 100% de Augas de Galicia, dacordo coa Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.

Obxecto do contrato:

O obxecto do contrato ven constituído por  unha serie de actuacións co obxectivo de mellorar a rede de abastecemento do  Concello de Arbo, en concreto no lugar de Cuarto, na parroquia de San Cristovo de  Mourentán.

 O alcalde, Horacio Gil – informa que con esta obra, “preténdese unha solución máis  adecuada e a descrición das actuacións necesarias para repoñer as redes de abastecemento do   Concello   de Arbo, en concreto  no  lugar  de Cuarto,  na  parroquia  de San  Cristovo  de  Mourentan”

Para iso no proxecto, defínese, tanto o tipo de tubaxe, os diámetros e presións nominais das mesmas, así como o mellor trazado das tubaxes que se repoñen. Tamén se repoñerán as acometidas que parten da rede principal a cada unha das vivendas.

Dende o goberno arbense, queren garantir o abastecemento sen cortes por avarías, dado que  a tubaxe existente  sofre roturas con bastante asiduidade, ocasionando cortes na subministración de auga ás vivendas existentes no núcleo de Cuarto, manifesta Horacio Gil.

O Concello de Arbo, non conta con medios nin persoais nin materiais para a realización  das obras proxectadas e que son necesarias porque  este tramo de tubaxe que se pretende mellorar, sofre constantes avarías, e estas supoñen numerosos cortes na subministración de auga ás vivendas existentes no núcleo de Cuarto e Pimende.

O  Concello desexa arranxar esta problemática, e decide renovar a tubaxe existente, entre a arqueta do cruzamento do desvío aos núcleos e ata a zona sur do núcleo de  Pimende, mediante a reposición da mesma,  con tubaxe en  polietileno de alta densidade de diámetro 90 mm e 16 bar  de presión  e  tubaxe  de  PEAD    de diámetro    40 mm,  repoñer as arquetas  que aloxarán as válvulas de corte e as válvulas redutoras de presión e renovar as acometidas domiciliarias.

Todo elo, co fin de garantir unha mellora prestación deste servizos básico aos veciños e veciñas deste núcleo de poboación.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011