“Subministro de material para colocar San Xoán de Arbo – LOTE I”
O concello de Arbo contrata o “Subministro de material para colocar San Xoán de Arbo – LOTE I”, de acordo coa concesión de subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao Concello de Arbo - Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2021, dentro da Liña 1 – Investimentos.
Orzamento do subministro: 3.241,17 €
A actuación a realizar consiste no suministro de balaustrada de aceiro no lugar de Cruceiro (San Xoan) en Arbo.
Coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo:
- Mellorar o servizo a cidadanía e a calidade do mesmo
- Mellorar a seguridade dos usuarios